Morre o ex ditador arxentino Jorge Videla. Deu o golpe militar que derrocou a Isabel Perón e é responsable de milleiros de mortes durante o seu goberno.
Fálase
Wert anuncia a aprobación da Lomce no Consello de Ministros. Máis información, esta tarde en Praza. Xustifica a reforma pola alta taxa de abandono escolar.
Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela pola lingua. A cabeceira da manifestación entra na zona vella mentres aínda hai xente saíndo da Alameda.
Arranca a manifestación de Queremos Galego en Compostela. Milleiros de paraugas enchen as rúas da capital compostelá pola lingua e baixo o lema: Non queremos ser estranxeiras na propia patria.
O xuíz decreta a liberdade para Miguel Blesa, logo de que depositase a fianza de 2,5 millóns.
O Valedor do Pobo pide protección dos poderes públicos para a lingua galega.
Máis de tres mil persoas maniféstanse no Morrazo contra a estafa das preferentes acompañados dos alcaldes da comarca. As plataformas demándanlles aos rexedores que presiones a Rajoy e Feijoo.
Os plans do Ministerio de Economía para inxectar máis cartos a CatalunyaCaixa e NovaGalicia para vendelas canto antes chocan con Castellano, que se opón á poxa e tamén ao proxecto alternativo dun holding da banca pública.
O relevo xeracional na ciencia española periga pola falta de recursos e a expulsión de talento. As investigadoras emigran tras ser rexeitadas por un sistema sen recursos
A lei de transparencia permitiralles aos cidadáns preguntar pola Casa Real pero non pola Igrexa. A previsión é aprobar a norma a comezos de 2014.