A lei de transparencia permitiralles aos cidadáns preguntar pola Casa Real pero non pola Igrexa. A previsión é aprobar a norma a comezos de 2014.
Fálase
Miguel Blesa pasa a súa primeira noite na prisión de Soto del Real. O xuíz decretou o ingreso en prisión do expresidente de Caixa Madrid baixo fianza de 2,5 millóns de euros pola compra do City National Bank de Florida ao aprezar risco de fuga.
A Policía Nacional blindou o acto oficial da Xunta co gallo do Día das Letras Galegas que presidiu Alberto Núñez Feijóo. Os axentes cercaron as protestas de actores e actrices e de persoas afectadas polas preferentes. (foto: Xulio Abonjo).
A delegada do Goberno central en Catalunya presidiu un acto de homenaxe á División Azul, os combatentes franquistas que participaron na II Guerra Mundial no bando nazi. Cóntao El Diario.
As Novas Xeracións do PP lanzan unha campaña co gallo do Día das Letras cun lema practicamente idéntico aos empregados en diversas ocasións por Queremos Galego e A Mesa pola Normalización Lingüística
Unha líder CCOO en Galicia estaba no iate con Feijóo e Dorado, segundo conta Público. Era responsable de Sanidade na federación galega do sindicato.
Prisión sen fianza para Miguel Blesa, ex presidente de Caja Madrid. Está sendo xulgado polo crédito de 26,6 millóns a Marsans. Será o primeiro banqueiro español que entre na cadea.
Wert confirma que a reforma educativa irá este venres ao Consello de Ministros. Asegura que nin pensa en que non haxa unha nova lei educativa.
Altermundo publica unha entrevista con Boaventura de Sousa Santos: "O poder ten que ser conquistado e transformado, ten que crearse hexemonía e transformar o poder, sobre todo pola transformación das diferentes formas da democracia representativa, participativa e comunitaria que poidan articularse e que permitan que esa transformación aconteza tamén nun contexto de conquista do poder"
Galicia pecha o primeiro trimestre cun déficit de 65 millóns, o 0,12% do PIB. É unha das nove comunidades con números negativos.