As Novas Xeracións do PP lanzan unha campaña co gallo do Día das Letras cun lema practicamente idéntico aos empregados en diversas ocasións por Queremos Galego e A Mesa pola Normalización Lingüística
Fálase
Unha líder CCOO en Galicia estaba no iate con Feijóo e Dorado, segundo conta Público. Era responsable de Sanidade na federación galega do sindicato.
Prisión sen fianza para Miguel Blesa, ex presidente de Caja Madrid. Está sendo xulgado polo crédito de 26,6 millóns a Marsans. Será o primeiro banqueiro español que entre na cadea.
Wert confirma que a reforma educativa irá este venres ao Consello de Ministros. Asegura que nin pensa en que non haxa unha nova lei educativa.
Altermundo publica unha entrevista con Boaventura de Sousa Santos: "O poder ten que ser conquistado e transformado, ten que crearse hexemonía e transformar o poder, sobre todo pola transformación das diferentes formas da democracia representativa, participativa e comunitaria que poidan articularse e que permitan que esa transformación aconteza tamén nun contexto de conquista do poder"
Galicia pecha o primeiro trimestre cun déficit de 65 millóns, o 0,12% do PIB. É unha das nove comunidades con números negativos.
#consellodaxunta Feijóo di estar "chegando á conclusión" de que a oposición está "buscando a imaxe de verse co presidente nun xulgado" e asegura que está a "reconsiderar" levar aos tribunais a "aqueles que rin dos galegos, das institucións, da democracia e do Parlamento". Toda a información, hoxe en Praza.
#consellodaxunta Galicia presenta a candidatura para "liderar o programa de envellecemento activo e saudable" na UE. "Galicia é unha das rexións españolas con máis persoas maiores", destaca Feijóo.
#consellodaxunta A Xunta "mellora a colaboración" coa Fundación Josep Carreras para a "busca a nivel mundial" de doadores de médula ósea para os doentes que non poden dispoñer, por incompatibilidade, da doazón no ámbito familiar.
Rajoy ve "pouco probable" un pacto estatal con axentes sociais e grupos políticos porque "non hai condicións" para logralo.