#consellodaxunta Feijóo di estar "chegando á conclusión" de que a oposición está "buscando a imaxe de verse co presidente nun xulgado" e asegura que está a "reconsiderar" levar aos tribunais a "aqueles que rin dos galegos, das institucións, da democracia e do Parlamento". Toda a información, hoxe en Praza.
Fálase
#consellodaxunta Galicia presenta a candidatura para "liderar o programa de envellecemento activo e saudable" na UE. "Galicia é unha das rexións españolas con máis persoas maiores", destaca Feijóo.
#consellodaxunta A Xunta "mellora a colaboración" coa Fundación Josep Carreras para a "busca a nivel mundial" de doadores de médula ósea para os doentes que non poden dispoñer, por incompatibilidade, da doazón no ámbito familiar.
Rajoy ve "pouco probable" un pacto estatal con axentes sociais e grupos políticos porque "non hai condicións" para logralo.
#consellodaxunta Feijóo asegura que o pagamento a provedores da Xunta se sitúa en 28,2 días de media.
Traballadores de Navantia protestan ante a sede do PP en Ferrol exixindo carga de traballo para o estaleiro. Imaxe de @mariapan_blanco.
O déficit das comunidades autónomas alcanza o 0,12% do PIB, 1.235 millóns ata marzo.
Renfe estuda que só os traxectos A Coruña-Vigo e Santiago-Ourense estean cubertos por trens 'rexionais'. Adiántao El País.
O Comité Intercentros da Xunta, e os sindicatos CIG, UGT, CCOO e CSIF convocan cazoladas para as 11:30 desta mañá en todos os edificios administrativos do Goberno galego para protestar polos despedimentos na Consellería de Traballo, concretados no DOG de onte.
Pescanova fai perder a Damn 21 millóns de euros. A cerveceira investiu 25 millóns en accións do grupo pesqueiro.