Onte presentouse en Catalunya o filme galego Vilamor. A sala de cinema de l'Hospitalet que acolleu a estrea estivo ateigada. Na imaxe, o director do filme e algúns dos principais actores e actrices, durante o acto.
Fálase
O expresidente de Caja Madrid, Miguel Blesa, sae de prisión despois de pagar a fianza de 2,5 millóns de euros imposta polo xuiz.
Morre o ex ditador arxentino Jorge Videla. Deu o golpe militar que derrocou a Isabel Perón e é responsable de milleiros de mortes durante o seu goberno.
Wert anuncia a aprobación da Lomce no Consello de Ministros. Máis información, esta tarde en Praza. Xustifica a reforma pola alta taxa de abandono escolar.
Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela pola lingua. A cabeceira da manifestación entra na zona vella mentres aínda hai xente saíndo da Alameda.
Arranca a manifestación de Queremos Galego en Compostela. Milleiros de paraugas enchen as rúas da capital compostelá pola lingua e baixo o lema: Non queremos ser estranxeiras na propia patria.
O xuíz decreta a liberdade para Miguel Blesa, logo de que depositase a fianza de 2,5 millóns.
O Valedor do Pobo pide protección dos poderes públicos para a lingua galega.
Máis de tres mil persoas maniféstanse no Morrazo contra a estafa das preferentes acompañados dos alcaldes da comarca. As plataformas demándanlles aos rexedores que presiones a Rajoy e Feijoo.
Os plans do Ministerio de Economía para inxectar máis cartos a CatalunyaCaixa e NovaGalicia para vendelas canto antes chocan con Castellano, que se opón á poxa e tamén ao proxecto alternativo dun holding da banca pública.