WikiLeaks lanza unha nova rede social "para compartir, non para controlar". Asegura que WLFriends mantén os datos de forma codificada empregando criptografía de grado militar.
Fálase
As concesionarias das autoestradas catalás recoñecen que dende o inicio da campaña #novullpagar, máis de 20 mil condutores pasaron as peaxes sen pagar.
Empregados de Caixanova aseguran que sufrían presións para vender as preferentes
O 62% dos españois cre que España será "rescatada" pola UE, segundo unha enquisa que publica El País, que tamén afirma que só o 27% aposta por saír do euro.
Rajoy goberna á marxe do Congreso. Dende que chegou ao poder, aprobou 20 decretos e só tramitou cinco como proxecto de lei. Ademais, os populares bloquean todas as peticións de comparecencias sobre a crise
O nacionalista Tomislav Nikolic, líder do Partido Progresista de Serbia, derrota na segunda volta das eleccións presidenciais o europeísta Boris Tadic, que dirixía o país dende 2004
EE.UU. imponlle á OTAN a súa estratexia de retirada de Afganistán, que será gradual, a pesar de que os soldados franceses sairán do país este mesmo ano. Ademais, Obama reuniuse con Hamid Karzai e urxiuno a realizar reformas e a negociar cos talibáns.
O Dépor perde 3-2 en Xerez (Maldonado 2', Mendoza 55' e Maldonado 80' polos xerezanos e Lassad 9' e 52' polos coruñeses). A tres xornadas do final mantén 4 puntos de diferenza sobre o Celta e 7 sobre o Valladolid (á espera de que finalice o seu partido fronte ao Sabadell).
No play-off de ascenso á LEB Ouro, o Aguas de Sousas Ourense derrotou o CB Prat Joventut por 64 a 52 e sitúase 2-0 na eliminatoria, a unha soa vitoria do ascenso de categoría
O Concello da Coruña aproba a construción do complexo residencial de San Roque, a escasos metros do mar. Grupos de veciños denuncian que os edificios suporán unha "muralla" para o resto do barrio