Empregados de Caixanova aseguran que sufrían presións para vender as preferentes
Fálase
O 62% dos españois cre que España será "rescatada" pola UE, segundo unha enquisa que publica El País, que tamén afirma que só o 27% aposta por saír do euro.
Rajoy goberna á marxe do Congreso. Dende que chegou ao poder, aprobou 20 decretos e só tramitou cinco como proxecto de lei. Ademais, os populares bloquean todas as peticións de comparecencias sobre a crise
O nacionalista Tomislav Nikolic, líder do Partido Progresista de Serbia, derrota na segunda volta das eleccións presidenciais o europeísta Boris Tadic, que dirixía o país dende 2004
EE.UU. imponlle á OTAN a súa estratexia de retirada de Afganistán, que será gradual, a pesar de que os soldados franceses sairán do país este mesmo ano. Ademais, Obama reuniuse con Hamid Karzai e urxiuno a realizar reformas e a negociar cos talibáns.
O Dépor perde 3-2 en Xerez (Maldonado 2', Mendoza 55' e Maldonado 80' polos xerezanos e Lassad 9' e 52' polos coruñeses). A tres xornadas do final mantén 4 puntos de diferenza sobre o Celta e 7 sobre o Valladolid (á espera de que finalice o seu partido fronte ao Sabadell).
No play-off de ascenso á LEB Ouro, o Aguas de Sousas Ourense derrotou o CB Prat Joventut por 64 a 52 e sitúase 2-0 na eliminatoria, a unha soa vitoria do ascenso de categoría
O Concello da Coruña aproba a construción do complexo residencial de San Roque, a escasos metros do mar. Grupos de veciños denuncian que os edificios suporán unha "muralla" para o resto do barrio
Na promoción de ascenso a Segunda División B, o Cerceda ten pé e medio na seguinte ronda tras gañar por 0 a 2 no campo do Cuarte Industrial, mentres que o Pontevedra empatou en Pasarón co Espanyol B a cero.
Fútbol: fases de ascenso. Polo ascenso a Segunda División A, o Lugo venceu 1 a 0 ante o Eibar e deberá confirmar a clasificación para a seguinte fase fóra da casa, dentro dunha semana.