Fútbol: fases de ascenso. Polo ascenso a Segunda División A, o Lugo venceu 1 a 0 ante o Eibar e deberá confirmar a clasificación para a seguinte fase fóra da casa, dentro dunha semana.
Fútbol: fases de ascenso. Polo ascenso a Segunda División A, o Lugo venceu 1 a 0 ante o Eibar e deberá confirmar a clasificación para a seguinte fase fóra da casa, dentro dunha semana.
O deputado socialista Antonio Miguel Carmona bótalle en cara a Esperanza Aguirre a ocultación do déficit na Comunidad de Madrid
O rei Juan Carlos I négase a contestar as preguntas sobre as súas cacerías en Botsuana. Respóndelle por carta a Esquerda Unida que queda "enterado" das preguntas realizadas pola formación no Congreso, pero eluder responder.
David Rubín ofreceu este domingo a primeira Master Class da Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración, O Garaxe Hermético
Finaliza o acto de entrega do Pedrón de Ouro a Nova Escola Galega
O movemento 15M incrementa o seu apoio despois das mobilizacións da pasada semana. Segundo unha enquisa que publica El País, o 68% dos cidadáns teñen unha opinión positiva do movemento, 17 puntos máis que hai dez días e ao mesmo nivel que en xuño do pasado ano. O 82% dos votantes do PSOE valórano positivamente, por un 42% dos do PP.
Paul Krugman cre que a saída de Grecia do euro é "inevitable" nunha entrevista que publica Der Spiegel na súa edición de fin de semana. Así mesmo, afirma que para salvar a España e Italia é precisa unha "intervención ilimitada" do BCE.
Comeza en Padrón (baixo teito) o acto de entrega a Nova Escola Galega do Pedrón de Ouro. Fina Casalderrey intervén como mantedora (imaxe via @bretemas)
A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, comparecerá no pleno do Parlamento desta semana para explicar o plan de reequilibrio de Galicia, que prevé un recorte de 69 millóns de euros para cumprir o obxectivo do 1,5% do déficit este ano
A clara vitoria do Celta deste sábado fronte ao Alcoyano achega o obxectivo do ascenso directo, a tres xornadas do final da Liga. Ás oito da tarde o Deportivo viaxa a Xerez e ás nove e media o Valladolid recibe o Sabadell