Comeza en Padrón (baixo teito) o acto de entrega a Nova Escola Galega do Pedrón de Ouro. Fina Casalderrey intervén como mantedora (imaxe via @bretemas)
Comeza en Padrón (baixo teito) o acto de entrega a Nova Escola Galega do Pedrón de Ouro. Fina Casalderrey intervén como mantedora (imaxe via @bretemas)
A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, comparecerá no pleno do Parlamento desta semana para explicar o plan de reequilibrio de Galicia, que prevé un recorte de 69 millóns de euros para cumprir o obxectivo do 1,5% do déficit este ano
A clara vitoria do Celta deste sábado fronte ao Alcoyano achega o obxectivo do ascenso directo, a tres xornadas do final da Liga. Ás oito da tarde o Deportivo viaxa a Xerez e ás nove e media o Valladolid recibe o Sabadell
Deportes. En fútbol sala, o Lobelle perdeu na casa por 3 a 4 ante o Caja Segovia e, para non caer eliminado nesta fase de cuartos de final, necesita gañar os dous próximos partidos na cancha do seu rival. En balonmán, o Octavio garantiu a permanencia na Liga ASOBAL mesmo antes de xogar o seu partido contra oAnaitasuna, grazas ao empate entre os dous últimos colocados, Antequera e Puerto Sagunto, que serán os equipos que perdan a categoría.
ARA analiza con varios expertos se "hai vida fóra do euro", explorando unha "pregunta perigosa": como sería o futuro de Grecia ou España fóra da moeda única?
Juan Freire reflexiona sobre a posibilidade de "reconstruír Europa dende as periferias", como Islandia e España, a través da actividade "dunha nova cidadanía" que supere as vellas estruturas".
A portada de ABC de hoxe quéixase da cobertura que os medios británicos e norteamericanos lle dan á crise económica en España
Os países membros da OTAN debaten en Chicago a retirada das súas tropas de Afganistán
Milleiros de mexicanos maniféstanse contra o candidato do PRI á presidencia, Enrique Peña Nieto, e a manipulación mediática ao seu favor.
Pachi Vázquez salienta nunha entrevista en El País que "Feijoo está nos minutos de desconto" e que o PP "baixa en Galicia o dobre que en España", facendo fincapé en que as enquisas revelan que hai un 40% de persoas indecisas. O líder dos socialistas galegos afirma tamén que "haberá primarias" se o decide o partido.