A portada de ABC de hoxe quéixase da cobertura que os medios británicos e norteamericanos lle dan á crise económica en España
A portada de ABC de hoxe quéixase da cobertura que os medios británicos e norteamericanos lle dan á crise económica en España
Os países membros da OTAN debaten en Chicago a retirada das súas tropas de Afganistán
Milleiros de mexicanos maniféstanse contra o candidato do PRI á presidencia, Enrique Peña Nieto, e a manipulación mediática ao seu favor.
Pachi Vázquez salienta nunha entrevista en El País que "Feijoo está nos minutos de desconto" e que o PP "baixa en Galicia o dobre que en España", facendo fincapé en que as enquisas revelan que hai un 40% de persoas indecisas. O líder dos socialistas galegos afirma tamén que "haberá primarias" se o decide o partido.
PNV, PSE-EE, Aralar e IU-Ezker Anitza impulsan a creación do Instituto da Memoria, Convivencia e Dereitos Humanos, que recuperará a memoria das vítimas das guerra civil, a ditadura e o terrorismo.
Os mandatarios do G-8, reunidos en Camp David baixo os auspicios de Barack Obama, emiten un comunicado no que apostan polo crecemento e relativizan a austeridade, segundo informa The New York Times. Tras matizar que "as medidas axeitadas non son as mesmas para cada un de nós", a nota conxunta afirma rotundamente que “o noso imperativo é promover o crecemento e o emprego”. Canto á austeridade, os líderes do G-8 defenden que os recortes “deben tomar en conta a evolución das condicións económicas dos países e apuntalar a confianza e a recuperación económica”.
Fútbol. O Chelsea proclámase campeón europeo de clubs por primeira vez ao vencer a final da UEFA Champions League disputada en Munich. O título decidiuse nos penaltis, despois de que o tempo de xogo e a prórroga rematasen con empate a un gol. No final do 2º tempo, marcaron Müller para o Bayern de Munich e Drogba para o Chelsea, mentres que na prórroga Robben desperdiciou un penalti, cometido por Drogba e parado por Cech, que podería ter dado o título ao equipo local. O penalti decisivo foi anotado por Drogba.
Alberto Núñez Feijoo estará nos almorzos informativos de Europa Press este luns 21, no medio da polémica sobre o desaxuste do déficit de varias comunidades autónomas.
Hai dous anos a revista Science revelaba que Craig Venter e o seu grupo lograran crear unha célula bacteriana a partir dun xenoma sintetizado químicamente.
Un vídeo recolle varias agresións dun mesmo grupo de policías a manifestantes e xornalistas, coma Javier Bauluz.