CD Lugo e Deportivo da Coruña empataron a dous goles no derbi deste sábado, nun estadio Anxo Carro que quedou pequeno para ambas afeccións.
Fálase
O PP gañaría as eleccións europeas en Galicia cunha abstención próxima ao 60%, segundo unha enquisa que hoxe publica La Voz. O PSdeG sería a segunda forza, seguida de AGE e do BNG.
Praza Pública participa este sábado na Feira da Primavera do barrio compostelán de San Pedro. Dende as 10:30 e ao longo de todo o día teremos instalado un posto na feira con material do xornal. Dende alí trazaremos un retrato do tecido asociativo que participa na xornada, a cal centrará hoxe a nosa atención informativa.
O presidente do PNV, Andoni Ortúzar, acude ás 20:00 deste serán ao Hostal dos Reis Católicos de Compostela para apoiar a Compromiso por Galicia cara ás eleccións europeas. No acto intervirán o candidato de CxG, Paulo Carlos López, e o secretario xeral do partido, Xoán Bascuas.
A Candidatura do Povo pide persoarse como parte prexudicada ou como acusación popular no caso Pokémon. "Desde hoxe, a noticia é que acedemos ao sumario e con nós como canal o pobo de Compostela poderá visualizar as entrañas da corrupción institucionalizada. Desde hoxe, teñen máis un motivo para estar preocupados e preocupadas", din.
Rajoy e Cañete ofrecen un mitin preelectora para as europeas esta tarde en Lalín. A decisión, segundo conta Faro de Vigo, tomouse esta mesma mañá.
José Blanco solicítalle a Millán Mon un debate "cara a cara" para confrontar as propostas europeas de PP e PSOE. Ese debate, di o candidato do PSdeG, "independente da celebración doutros debates a varias bandas con outras formacións".
Abel Caballero saca adiante os orzamentos do Concello de Vigo co apoio do PP local. Cóntao Faro de Vigo
Homenaxean en Suíza o traballador galego que denunciou as condicións laborais de Inditex. Cóntao Mundiario
Unha residencia da Garda Civil sanciona os estudantes que utilicen as lavadoras de roupa, que só se atopan na área das instalacións reservada ás mulleres. Cóntao El Mundo