Rajoy e Cañete ofrecen un mitin preelectora para as europeas esta tarde en Lalín. A decisión, segundo conta Faro de Vigo, tomouse esta mesma mañá.
Fálase
José Blanco solicítalle a Millán Mon un debate "cara a cara" para confrontar as propostas europeas de PP e PSOE. Ese debate, di o candidato do PSdeG, "independente da celebración doutros debates a varias bandas con outras formacións".
Abel Caballero saca adiante os orzamentos do Concello de Vigo co apoio do PP local. Cóntao Faro de Vigo
Homenaxean en Suíza o traballador galego que denunciou as condicións laborais de Inditex. Cóntao Mundiario
Unha residencia da Garda Civil sanciona os estudantes que utilicen as lavadoras de roupa, que só se atopan na área das instalacións reservada ás mulleres. Cóntao El Mundo
Este venres están convocadas concentracións de repulsa e resposta polo novo asasinato machista que tivo lugar esta semana na Coruña. Comezarán ás 20 horas na Coruña (Obelisco), Vigo (MARCO), Compostela (praza 8 de marzo), Ferrol (praza do Concello) e Ourense (Subdelegación do Goberno)
BASIC, a linguaxe de programación deseñada por John Kemeny e Thomas Kurtz, vén de celebrar o seu 50 aniversario. En 1964 os seus autores propuxéronse crear un código fácil de utilizar e, de feito, o seu nome componse coas letras de Beginner's All-purpose Symbolic Instruction Code
Ucraína comeza unha operación militar no este do país contra os grupos prorrusos que nas últimas semanas tomaron o control de varias cidades.
Unha sondaxe que este venres publica El País afirma que o PP perdería a maioría absoluta na Comunidade de Madrid e necesitaría a UPyD para gobernar. Ademais, PSOE e IU poderían recuperar a alcaldía da capital do Estado. Os socialistas tamén perden apoios e IU practicamente iguala os seus resultados.
A Asociación Animalista Libera entregará este venres no Rexistro do Parlamento as 116.164 sinaturas recollidas en apoio do endurecemento das multas por
maltrato animal, que se debaterá como Proposición de Lei no vindeiro pleno da cámara