Unha sondaxe que este venres publica El País afirma que o PP perdería a maioría absoluta na Comunidade de Madrid e necesitaría a UPyD para gobernar. Ademais, PSOE e IU poderían recuperar a alcaldía da capital do Estado. Os socialistas tamén perden apoios e IU practicamente iguala os seus resultados.
