A demanda de "emprego de calidade" centrou as máis de 70 manifestacións convocadas en toda España por CC.OO. e UGT. O subemprego afecta a 2.429.900 persoas, a maioría mulleres. Crece o número de traballadores con contrato temporal e con contratos a tempo parcial, e tamén aumentan as horas extra non pagadas
Fálase
Ducias de cidadáns e cidadás de Ferrol participan na acción Rodea o Concello, convocada dende este mediodia até as de da noite, e que protesta ane a falta de solucións para a grave crise económica e social que sofre a comarca. Imaxe de @lupeces
Están xa en marcha as manifestacións convocadas polos sindicatos neste 1º de maio. Na imaxe, a de CC.OO. e UGT en Vigo. Toda a información, este mediodía, en Praza.
Gadisa, Hijos de Rivera e Jove únense á demanda de Manuel Añón contra o FROB, buscando recuperar os 66 millóns de euros que investiron en 2012 en NCG para manter a galeguidade do banco. Denuncian que foron enganados sobre a situación patrimonial da entidade.
Novagalicia Banco camuflou as súas perdas do pasado ano grazas aos activos fiscais. O banco pechou 2013 cunhas perdas antes de impostos de 417,5 millóns de euros
O Goberno central fía á recuperación da construción a creación dos 600 mil empregos que espera que se creen nos dous vindeiros anos, a metade dos postos de traballo perdidos dende 2011.
El Confidencial interpreta o nomeamento de Josu Jon Imaz como conselleiro delegado de Repsol como unha manobra para dificultar os intentos de Pemex para facerse coa petroleira española.
Unha reportaxe de El Diario analiza as razóns polas que os libros electrónicos non se emprestan na maior parte das bibliotecas. Hai plans para poñelo en marcha en varias comunidades autónomas.
O informe Mulleres e Cultura, feito público este mércores polo Observatorio da Cultura Galega do CCG, sinala que as mulleres galegas len máis que os homes, van máis ás bibliotecas, ao teatro e a concertos. Pola súa banda, os homes realizan o seu consumo cultural en maior medida a través de Internet.
Un informe do Observatorio da Emancipación do Consello da Xuventude de España sinala que os mozos e mozas de menos de trinta anos deberían ter soldos un 86% máis altos para poder mercar unha vivenda. Tamén recolle que só un de cada catro menores de 30 anos conseguiu emanciparse, un catro por cento menos que en 2010.