Un informe do Observatorio da Emancipación do Consello da Xuventude de España sinala que os mozos e mozas de menos de trinta anos deberían ter soldos un 86% máis altos para poder mercar unha vivenda. Tamén recolle que só un de cada catro menores de 30 anos conseguiu emanciparse, un catro por cento menos que en 2010.
Fálase
O TSXG anula a duplicación das prazas de secretario, interventor e tesoureiro no Concello de Santiago no ano 2011. Dálle así a razón ao PSdeG local, que recorrera a decisión do Goberno local.
O xuíz Andrés Lago Louro, intrutor do caso Orquesta contra a corrupción, asume a instrución do accidente de Angrois tras o traslado do xuíz Alaez.
Feijóo cuestiona os datos da EPA e dubida da vontade de atopar traballo das persoas que non se anotan nas oficinas de emprego. Máis información, esta tarde en Praza.
Un 47% da cidadanía catalá votaría a prol da independencia, segundo o último barómetro do Centre d'Estudis d'Opinió. O estudo reflicte tamén que CiU volvería gañar as eleccións, aínda que con só un escano máis que Esquerra.
O 22M ocupa neste mediodía tres oficinas de emprego en Galicia nunha protesta que se desenvolve noutras sedes do antigo INEM en todo o Estado. Máis información, esta mañá en Praza.
A Xunta outórgalle ao CD Lugo a concesión por 10 anos, prorrogables ata 25, do estadio Anxo Carro, no que o equipo lugués vén xogando os seus encontros dende os anos 70. A cambio, o club comprométese a realizar insercións publicitarias de balde da Secretaría Xeral para o Deporte e a cederlle entradas no palco presidencial. As condicións do acordo publícanse hoxe no DOG.
La Voz entrevista o xuíz Luís Alaez, encargado da instrución do accidente do Alvia, e que deixa o caso ao trasladarse de xulgado. Afirma que "non recibiu presións políticas, cando menos que eu as sentira"
A Junta de Extremadura entregaralle a cada mozo e moza entre 18 e 30 euros un bono de 32 euros para gastar en produtos culturais.
O Circo de Artesanos da Coruña acolleu na noite deste martes a homenaxe a Domingos Merino, primeiro alcalde elixido democraticamente tras a ditadura. Destacouse que Merino fixo da Coruña "unha referencia de liberdade e un eixo central de Galicia"