El Confidencial interpreta o nomeamento de Josu Jon Imaz como conselleiro delegado de Repsol como unha manobra para dificultar os intentos de Pemex para facerse coa petroleira española.
Fálase
Unha reportaxe de El Diario analiza as razóns polas que os libros electrónicos non se emprestan na maior parte das bibliotecas. Hai plans para poñelo en marcha en varias comunidades autónomas.
O informe Mulleres e Cultura, feito público este mércores polo Observatorio da Cultura Galega do CCG, sinala que as mulleres galegas len máis que os homes, van máis ás bibliotecas, ao teatro e a concertos. Pola súa banda, os homes realizan o seu consumo cultural en maior medida a través de Internet.
Un informe do Observatorio da Emancipación do Consello da Xuventude de España sinala que os mozos e mozas de menos de trinta anos deberían ter soldos un 86% máis altos para poder mercar unha vivenda. Tamén recolle que só un de cada catro menores de 30 anos conseguiu emanciparse, un catro por cento menos que en 2010.
O TSXG anula a duplicación das prazas de secretario, interventor e tesoureiro no Concello de Santiago no ano 2011. Dálle así a razón ao PSdeG local, que recorrera a decisión do Goberno local.
O xuíz Andrés Lago Louro, intrutor do caso Orquesta contra a corrupción, asume a instrución do accidente de Angrois tras o traslado do xuíz Alaez.
Feijóo cuestiona os datos da EPA e dubida da vontade de atopar traballo das persoas que non se anotan nas oficinas de emprego. Máis información, esta tarde en Praza.
Un 47% da cidadanía catalá votaría a prol da independencia, segundo o último barómetro do Centre d'Estudis d'Opinió. O estudo reflicte tamén que CiU volvería gañar as eleccións, aínda que con só un escano máis que Esquerra.
O 22M ocupa neste mediodía tres oficinas de emprego en Galicia nunha protesta que se desenvolve noutras sedes do antigo INEM en todo o Estado. Máis información, esta mañá en Praza.
A Xunta outórgalle ao CD Lugo a concesión por 10 anos, prorrogables ata 25, do estadio Anxo Carro, no que o equipo lugués vén xogando os seus encontros dende os anos 70. A cambio, o club comprométese a realizar insercións publicitarias de balde da Secretaría Xeral para o Deporte e a cederlle entradas no palco presidencial. As condicións do acordo publícanse hoxe no DOG.