O paro baixa en 14.688 persoas en novembro no conxunto de España e a afiliación á seguridade social crece en 5.232 persoas. Pola contra, en Galicia o desemprego increméntase en 4.588 persoas, con 4.100 afiliadas menos. Hai 248.632 parados e paradas rexistradas nas oficinas galegas de procura de emprego. Toda a información, esta mañá en Praza.
Fálase
O alcalde socialista de Cortegada, Avelino de Francisco, recoñece que ficha polo PP polas "axudas da Xunta e da Deputación"
A dirección de Abanca reunirase este martes cos sindicatos para negociar cambios nas condicións dos seus 4.500 empregados e empregadas
Dous mil paraugas vermellos celebraron este luns en Lugo os 150 anos da Cruz Vermella e o décimo cuarto aniversario da declaración do monumento como Patrimonio da Humanidade
O Deportivo alertou á Policía de que cando menos un autobús con Riazor Blues se dirixía a Madrid coincidindo co partido ante o Atlético
As pasteiras portuguesas Portucel e Celbi abandonan Galicia, deixando ENCE como única gran dominadora do mercado forestal. Estas empresas deixarán de mercar 800 mil toneladas anuais de madeira e concentrarán a súa actividade no país luso.
O recibo da luz en novembro é un 12,4% máis caro do que era en xaneiro, segundo denuncia Facua, que sinala que a factura mensual creceu máis de oito euros no que vai de ano.
Seguen desaparecidos os dous tripulantes do Safrán, o barco con base en Celeiro que afundiu en augas francesas. Recólleo Galiciaé
Unha unidade secreta da Policía procura información comprometedora sobre políticos independentistas, segundo publica este luns El Diario
Finaliza o reconto nas primarias do PSdeG. As persoas elixidas para optar ás alcaldías son:
- A Coruña: Mar Barcón
- Santiago: Francisco Reyes
- Ferrol: Beatriz Sestayo
- Ourense: José Ángel Barquero
- Marín: Mariluz Santiago
- Ponteareas: Chus Garrote
- Vilagarcía: Alberto Varela
- Ribeira: José Manuel Vilas
- Carballo: Jesús Añón
Ademais, Julio Sacristán foi elixido secretario provincial do partido na Coruña. Toda a información, este luns en Praza.