Unha empresa chinesa estuda investir 270 millóns no porto exterior da Coruña. A compañía Beijing 3E vén de asinar un preacordo coa Autoridade Portuaria para a posible instalación dunha terminal de valorización enerxética de aceites en punta Langosteira.
Fálase
Jorquera insiste en que "a única forma posible de evitar o expolio do aforro galego" é creando "un banco público galego". O candidato do BNG á presidencia da Xunta rexeita a proposta de banco público estatal anunciada polo goberno de Rajoy “pois suporía a absorción de Novagalicia Banco e que a súa sede pasase a estar en Madrid”.
Stop Desahucios Compostela pide axuda á cidadanía para frear un desafiuzamento previsto para unha veciña de Rianxo o vindeiro mércores 30. Membros do colectivo acudirán o luns á localidade para intentar deter ou aprazar a orde e solicitan colaboración.
Os presos de ETA amosan a súa disposición a dar "novos pasos" se se eliminan "situacións de excepción". Reafirman o seu "carácter político" nunha rolda de prensa de ex presos da banda que falaron en nome do colectivo.
"Non estamos falando de axudas, senón de capital, de achegas a fondo perdido", recoñece o presidente de Bankia, Jose Ignacio Goirigolzarri, na presentación do plant de saneamento para a entidade.
Feijóo apela á unión para que Cataluña supere "unha situación de dificultade" e cualifica de "responsables" as declaracións do presidente de Generalitat, Artur Mas, tras pedir axuda ao Estado para refinanciar a débeda catalá.
Goirigolzarri asegura que Bankia será "sólida, eficiente e rendible" logo do saneamento e recapitalización, polo que recibirá máis de 23.000 millóns de euros de diñeiro público. A inxección de 19.000 millóns no grupo farase durante o mes de xullo.
Estudantes da Universidade de Santiago decidiron onte á noite continuar co seu peche na Facultade de Xeografía e Historia en protesta contra contra a suba das taxas universitarias e os recortes no ensino e reivindicando tamén a apertura de máis bibliotecas públicas na tempada de exames.
La Razón cualifica de "ultraxe" na súa portada os asubíos ao himno de España na final de Copa, mentres que El Mundo fala de "agravio".
Bankia está a presentar os seus plans de recapitalización. O seu presidente, Goirigolzarri, asegura que non ten información sobre unha hipotética fusión con NCG Banco. "Non está plantexada", di.