La Razón cualifica de "ultraxe" na súa portada os asubíos ao himno de España na final de Copa, mentres que El Mundo fala de "agravio".
Fálase
Bankia está a presentar os seus plans de recapitalización. O seu presidente, Goirigolzarri, asegura que non ten información sobre unha hipotética fusión con NCG Banco. "Non está plantexada", di.
O Liceo gaña 4-2 ao Candelária portugués e espera rival para as semifinais da Copa de Europa, que disputará fronte ao vencedor do Benfica-Valdagno. Os conxuntos cataláns do Reus e FC Barcelona protagonizarán a outra semifinal.
O COB Ourense regresa á LEB Ouro un ano despois logo de vencer no cuarto partido do play-off ao Prat por 69-88.
Fútbol. Na final máis comentada dos últimos anos, o Barcelona proclámase campeón ao derrotar o Athletic de Bilbao por 3 goles a 0. O dominio do equipo catalán foi total na primeira metade, na que chearon todos os goles (dous de Pedro e un de Messi). No segundo tempo, o conxunto vasco tentou reaccionar, mais a sorte xa estaba lanzada. Deste xeito, Pep Guardiola despídese do banco do Barcelona cun novo título.
No comezo da final da Copa de España de fútbol, a inmensa maioría do público, composto por afeccionados do FC Barcelona e do Athletic Club de Bilbao, asubiou o himno español. A retransmisión de Televisión Española manipulou o son para atenualo, mentres que a cadea radiofónica COPE o emitiu sen censura. Neste vídeo pódese apreciar a diferenza entre as dúas versións
Os estudantes que se manifestan estes días en Montreal enviáronlle este mapa á Policía cando esta lles requiriu a ruta da súa última manifestación.
A manifestación fascista convocada con motivo da final da Copa do Rei percorreu as rúas de Madrid. Os convocados berraron lemas nazis, luciron símbolos anticonstitucionais e cantaron o Cara el Sol. Imaxe de @CarmelaRios
O trámite parlamentario da reforma laboral "dálle aínda máis poder ao empresario", conta La Información
Artur Mas pide axuda ao Estado para refinanciar a débeda de Catalunya. "Non nos importa como o fagan, pero necesitamos pagar a fin de mes; unha economía non se recupera se non pode pagar as súas débedas".