Fútbol. Na final máis comentada dos últimos anos, o Barcelona proclámase campeón ao derrotar o Athletic de Bilbao por 3 goles a 0. O dominio do equipo catalán foi total na primeira metade, na que chearon todos os goles (dous de Pedro e un de Messi). No segundo tempo, o conxunto vasco tentou reaccionar, mais a sorte xa estaba lanzada. Deste xeito, Pep Guardiola despídese do banco do Barcelona cun novo título.
Fálase
No comezo da final da Copa de España de fútbol, a inmensa maioría do público, composto por afeccionados do FC Barcelona e do Athletic Club de Bilbao, asubiou o himno español. A retransmisión de Televisión Española manipulou o son para atenualo, mentres que a cadea radiofónica COPE o emitiu sen censura. Neste vídeo pódese apreciar a diferenza entre as dúas versións
Os estudantes que se manifestan estes días en Montreal enviáronlle este mapa á Policía cando esta lles requiriu a ruta da súa última manifestación.
A manifestación fascista convocada con motivo da final da Copa do Rei percorreu as rúas de Madrid. Os convocados berraron lemas nazis, luciron símbolos anticonstitucionais e cantaron o Cara el Sol. Imaxe de @CarmelaRios
O trámite parlamentario da reforma laboral "dálle aínda máis poder ao empresario", conta La Información
Artur Mas pide axuda ao Estado para refinanciar a débeda de Catalunya. "Non nos importa como o fagan, pero necesitamos pagar a fin de mes; unha economía non se recupera se non pode pagar as súas débedas".
Bankia pide axudas públicas por 19.000 millóns no plan de saneamento do novo equipo xestor. A cifra supera as previsións do Goberno e suma 23.500 millóns totais.
O portal Fórmula TV sitúa en Intereconomía, Libertad Digital e Telemadrid as principais canteiras das 'novas' Televisión Española e Radio Nacional de España
O Parlamento celebra este sábado, entre as 10:00 e as 18:00, unha nova xornada de portas abertas á cidadanía.
Tiro con arco. A galega Iria Grandal vén de acadar o pase para os Xogos de Londres tras o Preolímpico Europeo. Coa ferrolá, son oito os deportistas galegos confirmados para a cita británica.