O trámite parlamentario da reforma laboral "dálle aínda máis poder ao empresario", conta La Información
Fálase
Artur Mas pide axuda ao Estado para refinanciar a débeda de Catalunya. "Non nos importa como o fagan, pero necesitamos pagar a fin de mes; unha economía non se recupera se non pode pagar as súas débedas".
Bankia pide axudas públicas por 19.000 millóns no plan de saneamento do novo equipo xestor. A cifra supera as previsións do Goberno e suma 23.500 millóns totais.
O portal Fórmula TV sitúa en Intereconomía, Libertad Digital e Telemadrid as principais canteiras das 'novas' Televisión Española e Radio Nacional de España
O Parlamento celebra este sábado, entre as 10:00 e as 18:00, unha nova xornada de portas abertas á cidadanía.
Tiro con arco. A galega Iria Grandal vén de acadar o pase para os Xogos de Londres tras o Preolímpico Europeo. Coa ferrolá, son oito os deportistas galegos confirmados para a cita británica.
A Fiscalía aconsella agora aos afectados polas preferentes que contemplen a arbitraxe como solución por ser "máis rápida". Varela lembra que a demanda podería estar presentanda "nun mes", pero tamén que os prazos da Xustiza "son os que son". Os afectados xa advertiran en Praza que querían unha solución "xa" ante os alongados dos prazos.
Feijóo ve no banco público "a solución menos mala" para o futuro de NCG. Nunha entrevista a RNE, o presidente da Xunta defende tamén unha inxección de cartos públicos para a entidade galega, como a que se fixo en Bankia.
Pachi Vázquez reafírmase nas acusacións a Feijóo polo peche do exercicio económico de 2011 o 30 de setembro. O secretario xeral do PSdeG ve "moi alterado" ao presidente da Xunta, que o acusa de "mentir"
A UE denuncia a Arxentina ante a OMC por restriccións á importación logo do caso Repsol. O caso non está relacionado con YPF, pero Bruxelas actívao como represalia.