O Obradoiro vence o Cajasol en Sevilla (63-71) e métese na loita polos play-off da ACB.
Fálase
Aymerich censura a "viraxe" do BNG e aclara que Xavier Vence non é o candidato de Abrente. O voceiro da corrente crítica critica nunha entrevista na Cadena Ser que o Bloque "retroceda a posicións de hai 30 anos" e que "xa non sexa a casa común do nacionalismo".
A Garda Civil sinala a Resistencia Galega pola explosión dun artefacto nun caixeiro de Novagalicia Banco no Rosal.
Arrancan as manifestacións polo Día da Clase Obreira Galega nas principais cidades galegas. Na imaxe, cabeceira da marcha de CCOO e UGT en Ferrol.
Os presos de ETA advirten de que o proceso non se resolverá "cos cárceres cheos de presos vascos". Insisten na amnistía nunha entrevista en Gara e avisan de que unha negativa á doutrina Parot "sería perigosa".
Venezuela celebrará eleccións o vindeiro 14 de abril. A campaña electoral durará só nove días e será o terceiro proceso electoral en cinco meses.
O COB vence o Breogán nun gran derbi (74-66). O americano Gibbs decidiu para os ourensáns nun enfrontamento galego exemplar no comportamento das afeccións. O Básquet Coruña venceu o Huesca e escapa da zona perigosa.
O Deportivo cae en Barcelona (2-0) e continúa no último posto da táboa de Primeira División. O Lugo empata sen goles ante o Numancia e mantense na zona tranquila da categoría de prata.
O PPdeG descarta unha investigación interna sobre o presunto financiamento ilegal na época de Pablo Crespo. Asegura que xa está "baixo investigación xudicial".
Méndez Ferrín advirte de que "sempre se pode cambiar de opinión" e deita dúbidas sobre a súa dimisión á fronte da RAG. Máis información, esta tarde en Praza.