Méndez Ferrín advirte de que "sempre se pode cambiar de opinión" e deita dúbidas sobre a súa dimisión á fronte da RAG. Máis información, esta tarde en Praza.
Fálase
Cospedal reduce o caso Bárcenas a unha "parvada sen importancia" e asegura que o PP "quedou moi lonxe da xente".
Xavier Vence, Goretti Sanmartin e Francisco Jorquera encabezan a lista única candidata a liderar o BNG de cara á Asemblea Nacional do vindeiro 17 de marzo. Máis información, nesta mañá en Praza.
O concelleiro de Ponferrada condenado por acoso sexual presenta a súa dimisión logo de que o PSOE detivese a moción de censura apoiada nel.
O PP apoia un alcalde que será xulgado por acoso e ameazas. José Antonio Feijóo resístese a dimitir, malia que será xulgado proximamente, e o partido non forza a súa marcha. Cóntao El País.
O Burela dá a sorpresa e saca un empate da pista do Inter Movistar (2-2). O Azkar Lugo vence o Puertollano (3-1) e o Santiago Futsal remonta e gaña tamén ante o Manacor (2-1).
Maduro xa exerce como "presidente encargado" de Venezuela e pide eleccións "inmediatas" entre as acusacións da oposición contra o seu nomeamento, que consideran "fraudulento"
Diversos actos conmemoraron o Día Internacional da Muller en toda Galicia este venres á noite. Na imaxe, a concentración celebrada en Ferrol.
Centos de persoas concéntranse na Coruña en contra do peche do COF do Ventorrillo e con motivo do Día Internacional da Muller. Imaxe de @susobermello.
Rubalcaba ordena rectificar a moción de censura en Ponferrada. Pide agora que renuncie o alcalde que se apoiou nun condenado por acoso.