O concelleiro de Ponferrada condenado por acoso sexual presenta a súa dimisión logo de que o PSOE detivese a moción de censura apoiada nel.
Fálase
O PP apoia un alcalde que será xulgado por acoso e ameazas. José Antonio Feijóo resístese a dimitir, malia que será xulgado proximamente, e o partido non forza a súa marcha. Cóntao El País.
O Burela dá a sorpresa e saca un empate da pista do Inter Movistar (2-2). O Azkar Lugo vence o Puertollano (3-1) e o Santiago Futsal remonta e gaña tamén ante o Manacor (2-1).
Maduro xa exerce como "presidente encargado" de Venezuela e pide eleccións "inmediatas" entre as acusacións da oposición contra o seu nomeamento, que consideran "fraudulento"
Diversos actos conmemoraron o Día Internacional da Muller en toda Galicia este venres á noite. Na imaxe, a concentración celebrada en Ferrol.
Centos de persoas concéntranse na Coruña en contra do peche do COF do Ventorrillo e con motivo do Día Internacional da Muller. Imaxe de @susobermello.
Rubalcaba ordena rectificar a moción de censura en Ponferrada. Pide agora que renuncie o alcalde que se apoiou nun condenado por acoso.
Líderes políticos de todo o mundo despiden a Hugo Chávez en Caracas entre milleiros de venezolanos que tamén lle dan o último adeus.
Méndez Ferrín formalizará o mércores 13 a súa renuncia á presidencia da RAG. Este sábado Ferrín presidirá o seu último acto público á fronte da institución na cerimonia de ingreso de Xosé Fernández Ferreiro. José Viale Moutinho, académico de honra electo da RAG, renuncia a tomar posesión como membro honorario da institución
Marta Rivera de la Cruz responde ás críticas que espertou a súa participación no acto institucional con motivo do 8 de marzo afirmando que "Rosalía de Castro dejó de escribir en gallego por gente como esta" e que "si Rosalía vivise sería posiblemente repudiada y desfenestrada por esta gente"