As vítimas mortais polo accidente do tren elévanse a 79 tras falecer un dos feridos ingresados no Hospital Clínico de Santiago, segundo vén de informar a Consellería de Sanidade. Hai 70 pacientes ingresados nos hospitais galegos, dos que 22 están en unidades de críticos.
Fálase
Rosa Díez di que hai "millóns" de españois que son de UPyD e non o saben. Asegura que a "parella de baile" importa pouco en política.
O maquinista do tren accidentado declarará este domingo. Está acusado de presento delito de homicidio por imprudencia.
Os servizos de auxilio tiveron claros erros de coordinación, segundo informa El País. O parte de Emerxencias revela que houbo atraso na declaración de alerta 2.
O itinerario da marcha do tren accidentado deixaba ao criterio do maquinista o momento de frear, segundo asegura El Mundo na súa edición deste domingo.
Varios xornalistas denuncian a desaparición do BOE deste sábado 27 de xullo e lembran que contiña as destitucións provocadas polos supostos erros co DNI da infanta.
Controlado o incendio nas Neves que ameazou varias vivendas. O lume comezou na parroquia de Liñares. Imaxe de Vía Televisión.
Identificados os 78 cadáveres do accidente de Compostela, segundo anuncia a Policía.
O número de feridos ingresados nos hospitais galegos é de 71, dos que 31 están en unidades de críticos (28 adultos e tres de pediatría), segundo vén de informar a Consellería de Sanidade.
Recollen sinaturas para organizar un partido entre a selección galega e o Compostela en homenaxe a Angrois e en beneficio das vítimas do accidente.