Milleiros de persoas reclaman en Palma de Mallorca a "autodeterminación dos Països Catalans". Recólleo El Diario.
Milleiros de persoas reclaman en Palma de Mallorca a "autodeterminación dos Països Catalans". Recólleo El Diario.
Onda Cero anuncia que o portugués Domingos Paciência será o novo adestrador do Deportivo. O clube vai volver convocar os medios este serán para anunciar o nome do substituto de José Luis Oltra.
O presidente do Deportivo da Coruña vén de anunciar a destitución de José Luis Oltra como adestrador por ser "irreversible" a súa situación no equipo. Sinala Augusto César Lendoiro que agarda porder dar a coñecer o nome do substituto "nas vindeiras horas".
O Goberno de Portugal pídelle á cidadanía do país que faga un menor uso dos servizos sanitarios. Recólleo o diario Público
O 'banco malo' recibe mañá os activos tóxicos das entidades bancarias nacionalizadas, entre eles os máis de 5.000 millóns de 'ladrillo' de Novagalicia Banco. En El Diario
A Federación de Cineclubes de Galicia felicita o aninovo e desexa "felices historias" para 2013 cunha 'quente' montaxe
Santiago Domínguez renunciará en xaneiro á portavocía do BNG en Vigo, segundo sinala Atlántico Diario.
O PSdeG solicita a convocatoria dun pleno extraordinario no Parlamento para que comparezan todos os conselleiros e conselleiras e expliquen as liñas xerais dos seus departamentos. O Goberno non prevé ofrecer esta información cando menos ata febreiro.
A Deputación ourensá reclámalle ao Goberno central que recúe na súa intención de suprimir o tren entre Ourense e Sanabria. En Galiciaé
"Da columna á tribuna": El Diario repasa os deputados e deputadas do Congreso que son xornalistas de profesión.