Santiago Domínguez renunciará en xaneiro á portavocía do BNG en Vigo, segundo sinala Atlántico Diario.
Fálase
O PSdeG solicita a convocatoria dun pleno extraordinario no Parlamento para que comparezan todos os conselleiros e conselleiras e expliquen as liñas xerais dos seus departamentos. O Goberno non prevé ofrecer esta información cando menos ata febreiro.
A Deputación ourensá reclámalle ao Goberno central que recúe na súa intención de suprimir o tren entre Ourense e Sanabria. En Galiciaé
"Da columna á tribuna": El Diario repasa os deputados e deputadas do Congreso que son xornalistas de profesión.
Alemaña despídese do repagamento sanitario. Cóntao El Diario.
O presidente da Deputación de Lugo e líder do PSdeG lugués, José Ramón Gómez Besteiro, advirte nunha entrevista en El País de que "a cidadanía non vai esperar eternamente polo PSdeG".
As portadas dos diarios impresos son diversas este domingo. Moitos optan por temas propios, como El País, que recolle as propostas do PSOE para unha eventual reforma da Constitución ou El Mundo, que ofrece unha enquisa de intención de voto.
Nova vitoria do Obradoiro, que vén de vencerlle ao Lagun Aro no Fontes do Sar por 71-60
Comeza en Pontevedra o partido da selección galega contra Kurdistán que organiza Siareiros Galegos (foto: @XMriel)
A revista Yo Dona descúlpase pola súa controvertida interpretación das verbas da dona de Rajoy e di "querer e apreciar" o "pobo galego" #nadagallega