O Dépor empatou en Riazor ante o Espanyol (0-0). Os branquiazuis suman 26 puntos, tres por riba dos postos de descenso.
Fálase
Este domingo notaranse aínda os efectos da marea xigante, provocada pola aliñación do Sol, da Terra e da Lúa, o equinoccio e a proximidade do propio satélite, unhas mareas que só se producen cada 18 anos. A preamar (ao redor das cinco e media da mañá e ás cinco e media da tarde) superará os catro metros
O Celta derrotou o Levante (0-1) cun gol de Charles no últimos minutos. Os celestes aséntanse na metade da táboa, a 14 puntos da UEFA e con de vantaxe sobre o descenso. Na Segunda B, vitoria do Rácing de Ferrol (3-1 ante o Burgos) e empate do Compostela (1-1 ante o Murcia). En baloncesto, unha nova vitoria do Obradoiro (82-88 ante o Fuenlabrada), con 36 puntos de Kleber.
O propietario de Monbus, Raúl López, quedou esta noite en liberdade, pero segue imputado na Operación Cóndor e impúxoselle o pagamento dunha fianza de 20.000 euros
Andalucía vota, na que será a primeira dunha longa serie de citas electorais no Estado español ao longo do ano.
A xuíza Pilar de Lara deixa libres pero imputados a dous empregados de Monbus en Madrid. Ademais, prorroga 72 horas máis a detención do presidente da compañía, Raúl López
Rajoy presenta en Valencia o programa do PP para as municipais en plena xornada de reflexión en Andalucía
A columna galega das Marchas da Dginidade está a piques de entrar na madrileña Praza de Colón. Unirase aos milleiros de manifestantes chegadas dende os demais territorios do Estado. Están despregados 1.100 policías. Toda a información, esta tarde en Praza.
O comité que auditará a débeda grega identifica 53.000 millóns “potencialmente ilexítimos”, procedentes na súa meirande parte de empréstitos bilaterais de países da UE. A comisión internacional, presidida polo belga Eric Toussaint, sinala que a meirande parte destas débedas son propiedade de Alemaña e Francia.
Un milleiro de emigrantes retornados manifestáronse este sábado ante a sede da Xunta, en Compostela, para esixirlle ao Goberno galego que "defenda" os seus intereses ante o Ministerio de Facenda.