O comité que auditará a débeda grega identifica 53.000 millóns “potencialmente ilexítimos”, procedentes na súa meirande parte de empréstitos bilaterais de países da UE. A comisión internacional, presidida polo belga Eric Toussaint, sinala que a meirande parte destas débedas son propiedade de Alemaña e Francia.
Fálase
Un milleiro de emigrantes retornados manifestáronse este sábado ante a sede da Xunta, en Compostela, para esixirlle ao Goberno galego que "defenda" os seus intereses ante o Ministerio de Facenda.
Carlos Negreira "analizará" a posibilidade de convocar un pleno para debater o caso dos enchufes, di, se a oposición "llo pide". Afirma que polo de agora "ninguén o pediu". Marea Atlántica, BNG e EU demandárono reiteradamente nos últimos días, pero BNG e EU non contan na actualidade cos concelleiros suficientes para facelo dende o Concello e o PSdeG-PSOE descarta esta opción.
Continúan os rexistros en Monbús mentres comezan a declarar os primeiros detidos. Aduanas incáutalle o teléfono móbil e o ordenador a un empregado de Fomento, vencellado á área de transporte. Un dos contratos polo que Raúl López está a ser investigado é a adxudicación que logrou para transportar militares en toda España. Dous militares de alta gradación están detidos, e poderían ser máis nos vindeiros días.
O Goberno de Grecia comprométese a enviarlle ao Eurogrupo unha lista de reformas nos vindeiros días. Atenas pediulle ao BCE que lle permitise emitir débeda ou acceder a mecanismos de liquidez adicionais, pero a institución negouse co argumento de que contravén os tratados europeos.
Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial. Sete persoas explican en ElDiario.es varias situacións nas que sentiron que a súa cor de pel se convertía nunha barreira
As distintas columnas das marchas da dignidade manifestaranse este sábado polas rúas de Madrid. Ás cinco da tarde comezarán a converxer, para chegar á praza de Colón ás 18 horas. Ao redor de 500 autobuses chegarán á cidade, entre eles os 31 nos que viaxa a columna galega.
Os catro traballadores e traballadoras de Povisa en folga de fame chegan ao décimo día na súa acción. Protestan polo despedimento de 13 persoas, a pesar de que o hospital privado tivo beneficios durante o pasado ano.
O CB Breogán leva para Lugo o #derbidoMiño ante o COB Ourense tras un apertadísimo final. Os lucenses lograron a vitoria por 75-73 #derbidopolbo
Un dobre atentado contra dúas mesquitas en Iemen provoca, cando menos, 55 mortos.