Carlos Negreira "analizará" a posibilidade de convocar un pleno para debater o caso dos enchufes, di, se a oposición "llo pide". Afirma que polo de agora "ninguén o pediu". Marea Atlántica, BNG e EU demandárono reiteradamente nos últimos días, pero BNG e EU non contan na actualidade cos concelleiros suficientes para facelo dende o Concello e o PSdeG-PSOE descarta esta opción.
Fálase
Continúan os rexistros en Monbús mentres comezan a declarar os primeiros detidos. Aduanas incáutalle o teléfono móbil e o ordenador a un empregado de Fomento, vencellado á área de transporte. Un dos contratos polo que Raúl López está a ser investigado é a adxudicación que logrou para transportar militares en toda España. Dous militares de alta gradación están detidos, e poderían ser máis nos vindeiros días.
O Goberno de Grecia comprométese a enviarlle ao Eurogrupo unha lista de reformas nos vindeiros días. Atenas pediulle ao BCE que lle permitise emitir débeda ou acceder a mecanismos de liquidez adicionais, pero a institución negouse co argumento de que contravén os tratados europeos.
Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial. Sete persoas explican en ElDiario.es varias situacións nas que sentiron que a súa cor de pel se convertía nunha barreira
As distintas columnas das marchas da dignidade manifestaranse este sábado polas rúas de Madrid. Ás cinco da tarde comezarán a converxer, para chegar á praza de Colón ás 18 horas. Ao redor de 500 autobuses chegarán á cidade, entre eles os 31 nos que viaxa a columna galega.
Os catro traballadores e traballadoras de Povisa en folga de fame chegan ao décimo día na súa acción. Protestan polo despedimento de 13 persoas, a pesar de que o hospital privado tivo beneficios durante o pasado ano.
O CB Breogán leva para Lugo o #derbidoMiño ante o COB Ourense tras un apertadísimo final. Os lucenses lograron a vitoria por 75-73 #derbidopolbo
Un dobre atentado contra dúas mesquitas en Iemen provoca, cando menos, 55 mortos.
Centos de persoas pasaron dende primeira hora da mañá pola praia do Vao, en Vigo, para observar a eclipse solar, atendendo o evento convocado polo Observatorio Astronómico de Forcarei, a Agrupación Astronómica Rías Baixas e a Asociación Astronómica de Vigo.
Gilead, a farmacéutica fabricante do tratamento contra a Hepatite C Sovaldi, elixida polos socios e socias de FACUA-Consumidores en Acción como "a peor empresa do ano". Superou nas votacións a Bankia (gañadora das dúas últimas edicións) e Orange.