Gilead, a farmacéutica fabricante do tratamento contra a Hepatite C Sovaldi, elixida polos socios e socias de FACUA-Consumidores en Acción como "a peor empresa do ano". Superou nas votacións a Bankia (gañadora das dúas últimas edicións) e Orange.
Fálase
Milleiros de persoas manifestáronse en toda Galicia en contra dos recortes sanitarios, convocados por SOS Sanidade Pública. A marcha máis numerosa tivo lugar en Vigo, pero tamén na Coruña, Pontevedra, Cangas e Moaña se reuniron varios centos de persoas. Traballadores do Hospital da Coruña denuncian o "colapso crónico" en Urxencias.
Técnicos de Facenda e ONGs sinalan que non se sostén a comparación realizada polo ministro Cristóbal Montoro entre o diñeiro negro entregado ao PP e as achegas económicas recibidas por Cáritas e outras organizacións, un proceso moito máis controlado
O Estado Islámico reivindica a realización do atentado de Tunisia, que este xoves acabou coa vida de 23 persoas.
O número de horas de traballo perdidas por folgas caeu en 2014 ao seu nivel máis baixo dende 1972, segundo o informe de conflitividade laboral publicado pola CEOE. En Galicia houbo 57 folgas, nas que participaron 3,743 traballadores, sumando 192.596 horas. No conxunto de España houbo 958 folgas, que sumaron 9.190.580 horas, catro veces menos que en 2011.
O pleno do Concello de Santiago aproba o cesamento do interventor e do secretario municipais, en cumprimento da sentenza do TSXG que obriga a repoñer nos postos ás persoas que os ocupaban ata que Conde Roa os apartou deles. Agustín Hernández resalta que a decisión se adopta por "imperativo legal".
Un total de 1.404 persoas poderán votar nas primarias de Compostela Aberta, que se celebran entre o venres e o domingo. Son as inscricións rexistradas pola comisión electoral da plataforma, que detalla ademais nun gráfico o procedemento de votación.
Monbús: Aumentan a dez as persoas detidas na Operación Cóndor. Segundo publica Europa Press cinco detencións producíronse na provincia de Pontevedra, unha en Lugo e catro máis en Madrid.
O propietario de Monbús é conducido a unha sucursal bancaria de Lugo por axentes de Vixilancia Aduaneira. Alí dirixiuse tamén a xuíza De Lara, segundo informa Radio Lugo
Axentes acuden ao Palacio de Congresos de Galicia, no barrio compostelán de San Lázaro, do que o empresario Raúl López é concesionario, segundo informan fontes consultadas por Praza. Estaría enmarcado na operación da xuíza de Lara sobre Monbús. Máis información, hoxe en Praza.