O Estado Islámico reivindica a realización do atentado de Tunisia, que este xoves acabou coa vida de 23 persoas.
Fálase
O número de horas de traballo perdidas por folgas caeu en 2014 ao seu nivel máis baixo dende 1972, segundo o informe de conflitividade laboral publicado pola CEOE. En Galicia houbo 57 folgas, nas que participaron 3,743 traballadores, sumando 192.596 horas. No conxunto de España houbo 958 folgas, que sumaron 9.190.580 horas, catro veces menos que en 2011.
O pleno do Concello de Santiago aproba o cesamento do interventor e do secretario municipais, en cumprimento da sentenza do TSXG que obriga a repoñer nos postos ás persoas que os ocupaban ata que Conde Roa os apartou deles. Agustín Hernández resalta que a decisión se adopta por "imperativo legal".
Un total de 1.404 persoas poderán votar nas primarias de Compostela Aberta, que se celebran entre o venres e o domingo. Son as inscricións rexistradas pola comisión electoral da plataforma, que detalla ademais nun gráfico o procedemento de votación.
Monbús: Aumentan a dez as persoas detidas na Operación Cóndor. Segundo publica Europa Press cinco detencións producíronse na provincia de Pontevedra, unha en Lugo e catro máis en Madrid.
O propietario de Monbús é conducido a unha sucursal bancaria de Lugo por axentes de Vixilancia Aduaneira. Alí dirixiuse tamén a xuíza De Lara, segundo informa Radio Lugo
Axentes acuden ao Palacio de Congresos de Galicia, no barrio compostelán de San Lázaro, do que o empresario Raúl López é concesionario, segundo informan fontes consultadas por Praza. Estaría enmarcado na operación da xuíza de Lara sobre Monbús. Máis información, hoxe en Praza.
Hospitalizado o sacerdote e activista social Alfonso Blanco Torrado. O coordinador de Xermolos e impulsor do Festival de Partiñas, entre outras actividades, foi envelenado pero está fóra de perigo, segundo indica El Progreso.
Vixilancia Aduaneira precinta e rexistra a sede de Monbús en Lugo. A empresa de transportes é propiedade de Raúl López, tamén presidente do Obradoiro. Máis información, hoxe en Praza.
A Plataforma SOS Sanidade Pública manifestarase este xoves en 11 cidades e vilas galegas contra os recortes e a privatización da sanidade. Os actos comezarán ás 20 horas en Burela, Santiago, Ribeira, Pontevedra, A Coruña, O Barco, Vigo e Cangas; ás 7 da tarde en Ferrol; ás 6 en Moaña; e ás 11 da mañá en Ourense