Hospitalizado o sacerdote e activista social Alfonso Blanco Torrado. O coordinador de Xermolos e impulsor do Festival de Partiñas, entre outras actividades, foi envelenado pero está fóra de perigo, segundo indica El Progreso.
Fálase
Vixilancia Aduaneira precinta e rexistra a sede de Monbús en Lugo. A empresa de transportes é propiedade de Raúl López, tamén presidente do Obradoiro. Máis información, hoxe en Praza.
A Plataforma SOS Sanidade Pública manifestarase este xoves en 11 cidades e vilas galegas contra os recortes e a privatización da sanidade. Os actos comezarán ás 20 horas en Burela, Santiago, Ribeira, Pontevedra, A Coruña, O Barco, Vigo e Cangas; ás 7 da tarde en Ferrol; ás 6 en Moaña; e ás 11 da mañá en Ourense
A candidatura de confluencia en Ferrol chamarase Ferrol en Común, na que participan EU, Anova e unha boa parte dos inscritos en Podemos en Ferrol. A candidatura espera tamén contar coa participación da Marea Ártabra, que este venres celebra as súas primarias.
Marea Atlántica, BNG e EU esíxenlle a Carlos Negreira a convocatoria dun pleno para que aclare a súa relación cos enchufes denunciados pola xuíza Pilar de Lara.
O fiscal investiga por malversación á Cámara de Comercio de Pontevedra. Varios ex empregados da entidade denunciaron desvíos contables para a organización de varias feiras
Uns 500 detidos nas protestas en Fráncfort contra o BCE. As manifestacións contra o Banco Central durante a inauguración da súa nova sede acaban con importantes disturbios.
17 turistas mortos nun atentado en Tunisia. Un comando terrorista asaltou o Parlamento e tomou reféns nun museo.
A RAG nomea Académico de Honra a Basilio Losada. Nado en Láncara e emigrante en Cataluña, a Academia defineo como "unha das figuras senlleiras da literatura e a cultura galega do noso tempo, personalidade plural que se manifesta en moi diversas facetas".
Cidadanía de Coia concéntrase ante os xulgados polo xuízo a Diego, outro veciño do barrio ao que se acusa de agredir un policía durante as protestas contra o barco na rotonda. A veciñanza acusa os axentes de "mentir" e censuran a "represión". Foto de @Anova_irmandade