A candidatura de confluencia en Ferrol chamarase Ferrol en Común, na que participan EU, Anova e unha boa parte dos inscritos en Podemos en Ferrol. A candidatura espera tamén contar coa participación da Marea Ártabra, que este venres celebra as súas primarias.
Fálase
Marea Atlántica, BNG e EU esíxenlle a Carlos Negreira a convocatoria dun pleno para que aclare a súa relación cos enchufes denunciados pola xuíza Pilar de Lara.
O fiscal investiga por malversación á Cámara de Comercio de Pontevedra. Varios ex empregados da entidade denunciaron desvíos contables para a organización de varias feiras
Uns 500 detidos nas protestas en Fráncfort contra o BCE. As manifestacións contra o Banco Central durante a inauguración da súa nova sede acaban con importantes disturbios.
17 turistas mortos nun atentado en Tunisia. Un comando terrorista asaltou o Parlamento e tomou reféns nun museo.
A RAG nomea Académico de Honra a Basilio Losada. Nado en Láncara e emigrante en Cataluña, a Academia defineo como "unha das figuras senlleiras da literatura e a cultura galega do noso tempo, personalidade plural que se manifesta en moi diversas facetas".
Cidadanía de Coia concéntrase ante os xulgados polo xuízo a Diego, outro veciño do barrio ao que se acusa de agredir un policía durante as protestas contra o barco na rotonda. A veciñanza acusa os axentes de "mentir" e censuran a "represión". Foto de @Anova_irmandade
Seguen reducíndose os salarios en Galicia. No cuarto trimestre de 2014 o soldo medio caeu un 0,5%, pero o pagamento por hora descendeu aínda máis, un 2,8%. Isto debeuse ao incremento de horas traballadas, moitas delas non remuneradas.
FCC e Bankia están preto de venderlle Globalvía (propietaria da Autoestrada Central Galega, que une Santiago co Alto de Santo Domingo) a un fondo de investimento de Malaisia por 450 millóns de euros.
Carlos Negreira critícalle á xuíza Pilar de Lara que constrúa "novas conxeturas" cos "mesmos feitos" e nega ter coñecemento de "irregularidades", en contra do sostido pola maxistrada, que sinala que o alcalde da Coruña era consciente dos enchufes realizados polo seu tenente de alcalde, Julio Flores.