Cidadanía de Coia concéntrase ante os xulgados polo xuízo a Diego, outro veciño do barrio ao que se acusa de agredir un policía durante as protestas contra o barco na rotonda. A veciñanza acusa os axentes de "mentir" e censuran a "represión". Foto de @Anova_irmandade
Fálase
Seguen reducíndose os salarios en Galicia. No cuarto trimestre de 2014 o soldo medio caeu un 0,5%, pero o pagamento por hora descendeu aínda máis, un 2,8%. Isto debeuse ao incremento de horas traballadas, moitas delas non remuneradas.
FCC e Bankia están preto de venderlle Globalvía (propietaria da Autoestrada Central Galega, que une Santiago co Alto de Santo Domingo) a un fondo de investimento de Malaisia por 450 millóns de euros.
Carlos Negreira critícalle á xuíza Pilar de Lara que constrúa "novas conxeturas" cos "mesmos feitos" e nega ter coñecemento de "irregularidades", en contra do sostido pola maxistrada, que sinala que o alcalde da Coruña era consciente dos enchufes realizados polo seu tenente de alcalde, Julio Flores.
Susan George presentou este martes en Madrid o seu novo libro, Los usurpadores: cómo las empresas transnacionales toman el poder. A activista, que o vindeiro 23 de marzo ofrecerá unha conferencia en Vigo, chama a loitar contra o TTIP: "Non hai que cambiar o tratado con EEUU, hai que librarse del porque é perigosísimo"
Benjamin Netanyahu gaña as eleccións en Israel con 29 deputados fronte á coalición Unión Sionista do laborista Isaac Herzog, con 24. O actual primeiro ministro buscará agora apoios para acadar os 61 escanos que necesita para gobernar, no que será o seu cuarto mandato. A unión de partidos árabes converteuse, con 14 deputados, na terceira forza.
O Tribunal Supremo anula a sentenza da Audiencia Nacional que absolvera 19 dos 20 imputados polas protestas ante o Parlamento de Cataluña de xuño de 2011 e condena oito deles a tres anos de cadea por un delito contra as institucións do Estado
Beber licor de herbas é bo para a saúde. É a conclusión á que chega a tese de doutoramento da investigadora de Biotecnoloxía Alimentaria de Ourense Raquel Rodríguez. Recólleo GCiencia
“Las malas compañías” de Manuel Darriba, gañador do I Teatroula, Concurso de Textos para Microteatro, organizado por LaTuerka27 e a Asociación Galega de Guionistas (AGAG)
As empresas galegas empregan as redes sociais por riba da media española. Fano o 35,2% das compañías con menos de 10 traballadores e o 38,5% das que contan con cadros de persoal maiores, segundo destaca o estudo A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia, elaborado polo observatorio OSIMGA. Así mesmo, tres de cada catro empresas galegas de máis de dez traballadores dispoñen de páxina web.