O Goberno admite que persegue rebaixas de salarios e unha "devaluación interna" da economía até 2016
Fálase
O Goberno acaba coas políticas de dependencia. Comprométese ante a UE a recortar 1.108 millóns de euros en dependencia en 2013, unha cantidade superior á orzamentada este ano (1.087 millóns).
Dirixentes do PP critican o veto do Goberno a Telecinco e La Sexta. "Por qué delegan a comunicación da nosa mensaxe en Paco Marhuenda?", pregunta un alto cargo
O Reino Unido celebra eleccións municipais este xoves. Agárdase un ascenso do Partido pola Independencia do Reino Unido (UKIP).
El Pais publica unha sondaxe de intención de voto que amosa que o PP perderia a maioria absoluta e 16 puntos en Madrid. UPyD duplicaria us seus escanos e converteriase en árbitro. IU pasaria de 13 a 29 escanos e ficaria a un do PSOE.
Letta e Hollande alíanse contra a "austeridade" e reclaman máis determinación para combater o “pesadelo” do paro e resolver o futuro político de Europa
Stop Desafiuzamentos Compostela pídelles aos xuíces que actúen de oficio cando haxa abusos. A plataforma entregará este xoves nos Xulgados de Santiago un escrito neste senso.
Beiras e Vence proporanlle ás direccións de Anova e BNG un "encontro formal" entre as dúas formacións. Preguntado polos xornalistas na manifestación da CIG en Vigo, Beiras revelou que mantivo unha xuntanza co voceiro nacional do Bloque.
Afectados polas preferentes realizaron un escrache ante a vivenda do alcalde de Baiona, o popular Jesús Vázquez.
Este xoves ponse en circulación o novo billete de 5 euros, que irá progresivamente substituindo os antigos.