Os e as traballadoras galegas teñen a semana laboral máis longa de España, con case 43 horas de media, segundo un informe da Fundación Primero de Mayo. Os e as autónomas traballan ao redor de 49 horas semanais.
Fálase
Beatriz Martínez Figueroa intervirá este luns no pleno municipal de Vigo para demandar unha lei que ofreza maior protección xurídica e económica aos enfermos de cancro.
Continúan as mobilizacións nas rúas de Hong Kong, con máis de 50 mil mozos e mozas reclamando unha democratización desta cidade chinesa.
O PP quere impulsar que as tres universidades galegas compartan profesorado, como se recolle na Lei do Sistema Universitario de Galicia, aprobada en 2013.
O Consello de Estado avala sen fisuras os recursos contra a consulta catalá. O Goberno acudirá mañá mesmo ao Tribunal Constitucional para intentar deter o referendo do 9 de novembro.
Anova celebrou hoxe a súa asemblea deliberativa e aposta por "seguir acumulando forzas" como "contrapoder" ás políticas do PP e á "complicidade" do PSOE. Os obxectivos da formación son artellar "unha fronte ampla".
Vence admite que o BNG ten que "facer algo máis" para ser o "referente" dos galegos. Asegura non sentirse "frustrado" pola irrupción de Podemos.
O Deportivo perde no minuto 92 ante o Almería (0-1) e continúa coa súa mala xeira. Os branquiazuis tiveron boas ocasións, pero caeron na última xogada do encontro.
Urkullu buscará "sen desfalecer" un acordo para un novo marco político para Euskadi, tal e como manifestou no Alderdi Eguna de hoxe, no que se conmemoran os 120 anos da ikurriña.
O Consello de Estado prepara o ditame sobre os dous recursos á consulta catalá. O informe emitirase mañá, cando o Goberno interporá o recurso ao Constitucional.