O acordo de libre comercio con Canadá cuestiona a auga como ben público na UE. O CETA inclúe o saneamento ou o tratamento de augas residuais como áreas negociables
Fálase
Santiago Alba Rico analiza a situación de Túnez, cinco anos despois da revolución que expulsou a Ben Alí
O PPdeG celebrará en marzo os seus catro congresos provinciais. O congreso autonómico, no que se decidirá o candidato á Presidencia da Xunta, terá lugar en abril ou maio.
Tomás Fajardo, presidente da Federación Galega de Confrarías, someterase o vindeiro 13 de febreiro a unha moción de confianza, despois de que a Federación Provincial de Pontevedra pedise o seu cese e de que dimitise o presidente segundo da Federación, José Manuel Rosas. Fajardo é acusado de non apoiar suficientemente o sector no conflito do cerco.
Pablo Iglesias chamou o venres a Junqueras (ERC) e Homs (CDC) para falar da actualidade política e sobre todo da situación en Catalunya. Cóntao El Periódico.
A fraude de Acuamed leva a AGE a pedir que se audite o proxecto da EDAR de Ferrol para descubrir "se en Galicia tamén se utilizaba o mesmo modus operandi". A empresa estatal Acuaes, empresa irmá de Acuamed, tamén levou a cabo obras en Ribeira ou Vigo.
O PSOE considera "inaceptable" a decisión de Rajoy de non presentarse á investidura. Os socialistas néganse a emprender negociacións con outras forzas políticas para tentar formar goberno e sinalan que trala nova rolda de consultas o rei Felipe VI debería volver realizar o encargo a unha persoa do Partido Popular.
O novo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Dieter Moure, afirma que España, con Podemos no Goberno, correría o risco de converterse en Venezuela, Grecia "ou algo parecido". Aposta por un pacto entre PP, PSOE e Ciudadanos
Kiko Llaneras fai contas e repasa as opcións posibles para unha investidura de Pedro Sánchez co apoio de Podemos e IU. Lembra que é imprescindible o voto favorable e/ou a abstención de PNV, ERC e DiL. Un goberno de PSOE, Podemos e IU estaría apoiado por 11,6 millóns de votos, o máximo acadado por calquera Executivo na historia de España, por riba dos 11,3 millóns de Zapatero en 2008, dos 10,8 millóns de Rajoy en 2011 ou dos 10,1 millóns de Felipe González en 1982.
Portugal celebra este domingo a primeira volta dunha eleccións presidenciais ás que o conservador Marcelo Rebelo de Sousa chega como gran favorito. O candidato apoiado por PSD e CDS-PP supera o 50% en todas as sondaxes e podería evitar a segunda volta. Pola esquerda, António Sampaio da Nóvoa rolda o 20%, seguido de Maria de Belem e Marisa Matias.