O PSOE considera "inaceptable" a decisión de Rajoy de non presentarse á investidura. Os socialistas néganse a emprender negociacións con outras forzas políticas para tentar formar goberno e sinalan que trala nova rolda de consultas o rei Felipe VI debería volver realizar o encargo a unha persoa do Partido Popular.
Fálase
O novo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Dieter Moure, afirma que España, con Podemos no Goberno, correría o risco de converterse en Venezuela, Grecia "ou algo parecido". Aposta por un pacto entre PP, PSOE e Ciudadanos
Kiko Llaneras fai contas e repasa as opcións posibles para unha investidura de Pedro Sánchez co apoio de Podemos e IU. Lembra que é imprescindible o voto favorable e/ou a abstención de PNV, ERC e DiL. Un goberno de PSOE, Podemos e IU estaría apoiado por 11,6 millóns de votos, o máximo acadado por calquera Executivo na historia de España, por riba dos 11,3 millóns de Zapatero en 2008, dos 10,8 millóns de Rajoy en 2011 ou dos 10,1 millóns de Felipe González en 1982.
Portugal celebra este domingo a primeira volta dunha eleccións presidenciais ás que o conservador Marcelo Rebelo de Sousa chega como gran favorito. O candidato apoiado por PSD e CDS-PP supera o 50% en todas as sondaxes e podería evitar a segunda volta. Pola esquerda, António Sampaio da Nóvoa rolda o 20%, seguido de Maria de Belem e Marisa Matias.
A defensa do maquinista do Alvia acusa o xuíz de "descoñecer" a normativa ferroviaria e pide reabrir a instrución.
Un milleiro de mariscadores e bateeiros das rías de Pontevedra e de Arousa deixaron claro este venres en senllas asembleas o seu rexeitamento á Lei de Acuicultura proposta pola Xunta e á que tamén se opón un sector destacado do PP. Abren a porta á convocatoria dunha gran manifestación se o Goberno galego non retira o proxecto.
O Sergas valida o cambio de 3.603 pacientes dos hospitais públicos a Povisa. O centro prinvado levou a cabo unha campaña en novembro para incrementar o número de tarxetas sanitarias que xestiona, un servizo polo que xa recibe cada ano 75 millóns de euros da Xunta.
A oposición venezolana comeza a facer valer a súa maioría na Asamblea Nacional e denegoulle a Maduro facultades excepcionais para enfrontar a crise
Unha ducia de entidades (entre elas Verdegaia, ADEGA, Amigos da Terra ou SOS Groba) denuncian "as agresións que sufriu un dos espazos de maior valor ecolóxico da serra da Groba", a braña do Campo do Costado, situada no nacemento do río de Mougás.
Dirixentes do PSOE fixeron patente este venres pola tarde o seu descontento coa oferta de Goberno de Cambio realizada por Podemos que podería levar a Pedro Sánchez á Presidencia