Vigo e Compostela acollerán este domingo manifestacións en solidariedade cos refuxiados e refuxiadas e en denuncia da política aplicada ata o momento pola UE. As marchas partirán ás 12 horas do Cruce de Vía Norte e Urzaiz e da Praza do Toural, respectivamente.
