CTXT explora nunha reportaxe algunhas alternativas de exhibición e distribución cinematográfica xurdidas en España nos últimos anos en forma de cooperativa, entre elas o caso de Numax en Santiago de Compostela
Fálase
“Estamos satisfeitas coa sentenza das ‘black’ pero non hai que baixar a garda", destaca en La Marea Simona Levi (15MpaRato), que reclama o ingreso en prisión de Blesa e Rato. Público analiza nesta reportaxe -"A semana que puxo en cuestión a independencia xudicial"- o benevolente trato dispensado á Infanta Cristina e a Iñaki Urdangarín, a condena ao rapeiro Valtonyc e as presións políticas denunciadas por algún fiscal
Alberto Núñez Feijoo mantivo unha xuntanza co presidente arxentino, Mauricio Macri, na que ambos os dous mandatarios apostaron por explotar "as posibilidades que se abren para os empresarios galegos" no país austral "e para os empresarios arxentinos que queiran entrar en Europa a través de Galicia"
O barrio das Fontiñas acolleu o primeiro "Encontro ao vivo" organizaso polo Goberno municipal compostelán para render contas da súa xestión ante a veciñanza. Entre as cuestións reclamadas polos cidadáns e cidadás participantes, estiveron a mellora da seguridade nos pasos de peóns, o fomento da mobilidade en bicicleta e un mellor mantemento das zonas verdes.
Está a piques de comezar a manifestación das Marchas da Dignidade na Coruña, coas pensións e os servizos públicos como reivindicación principal. Ás 12 horas partirán dúas columnas (do Pazo da Ópera e do Campo da Leña), que se unirán na Praza de Ourense para chegar aos Xardíns de Méndez Núñez
Un milleiro de persoas manifestáronse en Chapela, Redondela, en repulsa polo asasinato machista que tivo lugar na localidade esta semana
O pleno da Deputación de Ourense insta a Xunta a aprobar un plan para frear a extensión da praga da couza da pataca e a non agardar á posta en marcha de medidas por parte do Ministerio
El Diario explica as claves da liberalización do sector da estiba, cuxo proceso iniciou este venres o Goberno, e para a que necesita o apoio doutros grupos no Congreso. Os traballadores e traballadoras iniciarán unha folga o vindeiro 6 de marzo.
Unha colección de 40 filmes galegos nomeados aos Mestre Mateo está dispoñible dende hoxe para ver online en Filmin. Así o vén de anunciar a Academia Galega do Audiovisual.
O Celta enfrontarase ao Krasnodar ruso nos oitavos de final da Europa League. O partido de ida xogarase en Balaídos.