O Celta enfrontarase ao Krasnodar ruso nos oitavos de final da Europa League. O partido de ida xogarase en Balaídos.

O Celta enfrontarase ao Krasnodar ruso nos oitavos de final da Europa League. O partido de ida xogarase en Balaídos.
A Fiscalía reitera que non ve "inimizade" cara a Baltar por parte da xuíza que investiga o seu presunto ofrecemento de emprego por sexo. Cóntao a edición ourensá de Faro de Vigo. O líder do PP de Ourense e mais o seu pai, tamén imputado no caso, recusaron a maxistrada que instrúe o proceso.
O Porto da Coruña fixa en seis meses a suspensión da poxa dos terreos da Solana. Cóntao La Opinión
O risco de fuga e a duración da pena, claves para decidir se un condenado a cárcere como Urdangarín vai ou non a prisión provisional. Unha análise en eldiario.es ao fío do caso do cuñado do rei, condenado a 6 anos no caso Nóos.
Un épico Celta volve facer historia en Europa tras gañar 0-2 ao Shakhtar e clasificarse para os oitavos da Europa League
Miguel Blesa e Rodrigo Rato, condenados a 6 e 4 anos de cadea no caso das tarxetas black de Caja Madrid. A Audiencia impón tres anos e dous meses de prisión ao galego Francisco Moure Bourio, que gastou máis de 120.000 euros cos cartóns opacos, e un ano e dous meses a Alejandro Couceiro, tamén de orixe galega. Consulta aquí a sentenza íntegra.
A Audiencia de Palma deixa libre a Urdangarín sen fianza. Poderá vivir en Suíza e non terá que pagar nada para eludir o cárcere ata que se resolva o seu recurso ao Supremo.
A Fiscalía aposta por que Urdangarín poida eludir a prisión preventiva se achega unha fianza de 200.000 euros. O marido da infanta Cristina foi condenado a 6 anos de cadea no caso Nóos, sentenza que prevé recorrer.
O presidente da Deputación de Lugo mantén a "porta aberta" ao regreso de Manuel Martínez e do BNG ao goberno da institución. O alcalde de Becerreá indica que o seu retorno está practicamente pechado, segundo informa El Progreso. Darío Campos comparece ante a prensa este mediodía.
VÍDEO | A secuencia completa do 23-F: media hora de gravación, dende o debate parlamentario previo ata os primeiros minutos tras irromperen os golpistas no Congreso