A Audiencia de Palma deixa libre a Urdangarín sen fianza. Poderá vivir en Suíza e non terá que pagar nada para eludir o cárcere ata que se resolva o seu recurso ao Supremo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/58aed0bb29377-urdangarin-declarara-nuevo-febrero-torres_ediima20130123_0116_19.jpg)
A Audiencia de Palma deixa libre a Urdangarín sen fianza. Poderá vivir en Suíza e non terá que pagar nada para eludir o cárcere ata que se resolva o seu recurso ao Supremo.
A Fiscalía aposta por que Urdangarín poida eludir a prisión preventiva se achega unha fianza de 200.000 euros. O marido da infanta Cristina foi condenado a 6 anos de cadea no caso Nóos, sentenza que prevé recorrer.
O presidente da Deputación de Lugo mantén a "porta aberta" ao regreso de Manuel Martínez e do BNG ao goberno da institución. O alcalde de Becerreá indica que o seu retorno está practicamente pechado, segundo informa El Progreso. Darío Campos comparece ante a prensa este mediodía.
VÍDEO | A secuencia completa do 23-F: media hora de gravación, dende o debate parlamentario previo ata os primeiros minutos tras irromperen os golpistas no Congreso
O fiscal que vén de ser remudado en Murcia asegura que sufriu presións e intimidacións por investigar casos de corrupción. Manuel López Bernal vén de aseguralo nunha entrevista na Cadena SER
Os papeis desclasificados do 23-F amosan a mensaxe que o rei enviou a Milans del Bosch na noite do golpe: "Xa non me podo volver atrás". Unha reportaxe de Gonzalo Cortizo en eldiario.es
A Consellería de Sanidade cambia os xerentes das áreas sanitarias de A Coruña, Santiago, Pontevedra e Ourense. Recólleo Faro de Vigo
A Fiscalía Xeral do Estado promove remudas en postos clave como Anticorrupción ou Murcia, onde o Ministerio Público impulsou a investigación ao presidente desa comunidade autónoma
Centos de persoas manifestáronse no serán deste mércores contra a violencia machista en cidades e vilas galegas. Na última semana foron asasinadas cinco mulleres.
A NASA anuncia que achou sete planetas como a Terra noutro sistema solar. Están a corenta anos luz e existe a posibilidade de que tivesen auga.