Centos de persoas manifestáronse no serán deste mércores contra a violencia machista en cidades e vilas galegas. Na última semana foron asasinadas cinco mulleres.

Centos de persoas manifestáronse no serán deste mércores contra a violencia machista en cidades e vilas galegas. Na última semana foron asasinadas cinco mulleres.
A NASA anuncia que achou sete planetas como a Terra noutro sistema solar. Están a corenta anos luz e existe a posibilidade de que tivesen auga.
A Comisión en Defensa do Común celebra no salón de plenos da Coruña unha asemblea cívica sobre o futuro dos terreos portuarios na cidade.
VÍDEO | O Mazaricos do futuro, contado por unha alcaldesa ben especial. É unha iniciativa da asociación Eu son Mazaricos, que dinamiza a contorna dende 2015.
A alcaldesa de Lugo anuncia un orzamento de 300.000 euros para demoler as polémicas torres do Garañón, nas costas do Parque Rosalía da cidade. Está a contalo El Progreso
O Colexio de Xornalistas reactiva a campaña #NonDifundasMachismo ante a "ofensiva machista" e as "constantes eivas nas informacións" neste ámbito.
Vigoé lembra o 30 aniversario do surrealista proceso no que se xulgou o arresto dunha vaca en Baiona. O animal, que estaba a pacer en terreos municipais, acabou no calabozo da policía local.
GCiencia inicia a publicación dunha serie de análises sobre o Banco de Galicia, un monte submarino cunha gran riqueza natural e pesqueira, declarado como Lugar de Importancia Comunitaria en 2015.
A presenza galega en ARCO redúcese a dúas galerías, as viguesas Bacelas e PM8. Na cita alternativa de Art Madrid participan Moret Art, Montenegro e Luísa Pita, e na de JustMad estarán Iskoo e Metro.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, apoia os dous altos cargos do SERGAS investigados polas mortes de pacientes con hepatite C: "Estanos atacando". Félix Rubial e Carolina González-Criado están citados a declarar este mércores no xulgado por homicidio imprudente