A presenza galega en ARCO redúcese a dúas galerías, as viguesas Bacelas e PM8. Na cita alternativa de Art Madrid participan Moret Art, Montenegro e Luísa Pita, e na de JustMad estarán Iskoo e Metro.
Fálase
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, apoia os dous altos cargos do SERGAS investigados polas mortes de pacientes con hepatite C: "Estanos atacando". Félix Rubial e Carolina González-Criado están citados a declarar este mércores no xulgado por homicidio imprudente
Os estibadores convocan tres semanas de paros nos portos a partir do 6 de marzo. Esixen que o Goberno aprace a aprobación da reforma ata que haxa acordo sobre a regulación do sector
eldiario.es destaca que o novo discurso de Pedro Sánchez causa "nerviosismo" no sector oficial do PSOE. O ex secretario xeral aposta pola renda básica ou a redución da xornada laboral
O movemento feminista galego convoca mobilizacións para este mércores ás 20:00 como repulsa ao crime machista de Redondela
Arquivadas as actuacións contra o concelleiro do PSOE en Vigo Ángel Rivas por presunta prevaricación e negociacións prohibidas no coñecido como caso do formigón. Así vén de ditaminar a Audiencia Provincial de Pontevedra.
Universidade e Concello da Coruña cancelan a cesión de espazos para a charla dun empresario que di curar o cancro con herbas e difunde crenzas pseudocientíficas como a inexistencia da SIDA. O acto de Josep Pàmies suscitara diversas protestas na cidade.
Audasa retoma as obras do enlace da AP-9 en Sigüeiro, iniciadas antes das eleccións municipais e paralizadas dende hai máis dun ano. O reinicio foi comunicado polo Ministerio de Fomento ao Concello de Oroso tras meses de protestas: "instamos a concesionaria a axilizar ao máximo", asegura.
A familia Franco desactiva o teléfono para xestionar as visitas obrigatorias ao Pazo de Meirás. La Opinión de A Coruña informa de que os herdeiros do ditador teiman no bloqueo que xa realizaran en anos anteriores, cando pecharon o pazo, declarado ben de interese cultural pola Xunta, mentres presumían del na prensa do corazón.
Pedro Sánchez presenta o seu proxecto para recuperar o liderado do PSOE apostando por que "volva ser o partido da esquerda". Afirmouno nun acto público celebrado en Madrid este luns.