Arquivadas as actuacións contra o concelleiro do PSOE en Vigo Ángel Rivas por presunta prevaricación e negociacións prohibidas no coñecido como caso do formigón. Así vén de ditaminar a Audiencia Provincial de Pontevedra.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/58ac58b2baede-c381ngelrivas.jpg)
Arquivadas as actuacións contra o concelleiro do PSOE en Vigo Ángel Rivas por presunta prevaricación e negociacións prohibidas no coñecido como caso do formigón. Así vén de ditaminar a Audiencia Provincial de Pontevedra.
Universidade e Concello da Coruña cancelan a cesión de espazos para a charla dun empresario que di curar o cancro con herbas e difunde crenzas pseudocientíficas como a inexistencia da SIDA. O acto de Josep Pàmies suscitara diversas protestas na cidade.
Audasa retoma as obras do enlace da AP-9 en Sigüeiro, iniciadas antes das eleccións municipais e paralizadas dende hai máis dun ano. O reinicio foi comunicado polo Ministerio de Fomento ao Concello de Oroso tras meses de protestas: "instamos a concesionaria a axilizar ao máximo", asegura.
A familia Franco desactiva o teléfono para xestionar as visitas obrigatorias ao Pazo de Meirás. La Opinión de A Coruña informa de que os herdeiros do ditador teiman no bloqueo que xa realizaran en anos anteriores, cando pecharon o pazo, declarado ben de interese cultural pola Xunta, mentres presumían del na prensa do corazón.
Pedro Sánchez presenta o seu proxecto para recuperar o liderado do PSOE apostando por que "volva ser o partido da esquerda". Afirmouno nun acto público celebrado en Madrid este luns.
Investígase un presunto asasinato machista en Redondela tras unha explosión de gas intencionada nunha vivenda que causou o falecemento dunha muller e a súa ex-parella. O home ameazáraa en varias ocasións.
A Policía Xudicial leva varios expedientes do Concello de Culleredo. O rexistro é froito dunha denuncia dun policía local ao rexedor por presunto tráfico de influencias.
A Audiencia da Coruña confirma "integramente" a condena a 7 anos de inhabilitación para o ex-concelleiro de Seguridade de Santiago. O ditame considera probado que Albino Vázquez (PP) trazou un plan para afastar do seu posto o xefe da Policía Local. "O acusado designou como xefe accidental da Policía Local a un funcionario en quen non concorrían os requisitos legais" para "prexudicar o denunciante", informa o TSXG.
BNG e Marea Pontevedra achegan posturas cara a un acordo de gobernabilidade "máis estable". Tras un tenso inicio de mandato, ambas formacións achegaron posturas nas últimas semanas, despois da aprobación dos orzamentos municipais co voto a prol do Bloque e a abstención da Marea. Cóntao Pontevedra Viva
O alcalde de Friol diríxese ao embaixador de España no Vaticano para protestar polo traslado do crego que a veciñanza da vila lucense rexeita con diversas mobilizacións dende hai semanas. Recólleo El Progreso. Na imaxe, a protesta deste domingo (José Antonio Paz).