O Goberno central estuda mudar o sistema de poxas eléctricas das que depende Alcoa. Entre as propostas están a de convocar as poxas cada dous anos ou a de combinalas con bonificacións medioambientais
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5993e2297a993-gobierno-sopesa.jpg)
O Goberno central estuda mudar o sistema de poxas eléctricas das que depende Alcoa. Entre as propostas están a de convocar as poxas cada dous anos ou a de combinalas con bonificacións medioambientais
Cabo de Cruz foi o gañador da 28ª Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña, celebrada este mediodía en augas de Santa Cristina (Oleiros). A embarcación boirense superou en tres segundos ás de A Pobra e Ares, que completaron o podio separadas por centésimas.
O PSdeG pide desculpas polo "erro" de publicar na súa conta oficial de Facebook unha mensaxe de apoio ao precandidato á Secretaría Xeral da formación, Juan Díaz Villoslada, un feito denunciado por Xoaquín Fernández Leiceaga. Tamén Gonzalo Caballero pídelle á xestora socialista "neutralidade" e que vele por "non impulsar unha candidatura determinada"
Extinguido o incendio de Vilariño de Conso logo de queimar 120 hectáreas. O lume comezou o pasado sábado ao mediodía.
Portugal entrega novo mapa na ONU para ter máis plataforma continental
Este luns ás 11 horas concentracións ás portas dos xulgados de Vigo (Rúa Lalín) e A Coruña (Rúa Monforte) amosarán apoio a Juana Rivas e demandarán proteción para mulleres e nenos e nenas en casos de violencias machistas.
Os traballadores e traballadoras de seguridade de El Prat rexeitan a oferta realizada pola Generalitat e manteñen a folga no aeroporto barcelonés. O persoal critican os servizos mínimos do 90% impostos e as ameazas do Goberno central, que anticipou que podería facerse cargo do servizo con efectivos da Garda Civil.
O lume arrasou 180 hectáreas de terreo en varios incendios en Vilariño de Conso, San Cristovo de Cea, Maside e Parada de Sil. A actividade incendiaria foi especialmente intensa durante a fin de semana, chegando a rexistrarse 10 focos en 24 horas en Agolada.
Máis dun milleiro de persoas pediron o sábado en Pontevedra a fin das touradas na cidade e unha lei de protección animal que prohíba a celebración deste tipo de espectáculos en toda Galicia
A enquisa de Celeste-Tel para El Diario apunta a un ascenso do PSOE (25%), que se achegaría a un PP á baixa (31,1%). Unidos Podemos (18,9%) e Ciudadanos (14,9%) non varían