#SOSFragasdoEume Mañá o presidente da Xunta continúa a súa axenda oficial, a priori á marxe do incendio das Fragas do Eume. Segundo anuncia a Xunta, o seu único acto público será unha visita ás obras do porto exterior da Coruña co conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas e a ministra de Fomento.
Fálase
#SOSFragasdoEume A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reclamará á Comisión Europea que "impoña planos de prevención ante incendios nos espazos da Rede Natura", como o das Fragas do Eume
#SOSFragasdoEume O incendio das Fragas xa é visible dende o espazo. Imaxe da Nasa.
#SOSFragasdoEume Concrétanse os horarios das concentracións cidadáns que se están a convocar para mañá, luns, ás 20:30. A Coruña: nos Cantóns; Vigo: no Sireno; Compostela: no Obradoiro; Pontevedra: na Ferrería; Lugo: diante do Concello; Ourense: diante do Concello. En Pontedeume será ás 20:00 diante do Voncello.
#SOSFragasdoEume O científico Xurxo Mariño, que segue o incendio nas Fragas do Eume, alerta do inicio dun novo foco de lume
#FragasdoEume Convócanse concentracións nas principais cidades en resposta ao incendio nas Fragas do Eume
#FragasdoEume A Xunta distingue dous incendios nas Fragas do Eume, un de 750 hectáreas e outro de 100, segundo as súas estimacións.
#FragasdoEume A Xunta ofrece unha nova estimación de hectáreas queimadas no incendio, xa a eleva a 850.
Nace unha plataforma en defensa das fragas do Eume. En Radiofusión.
#FragasdoEume O candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, visita tamén a zona do incendio. Na Radio Galega di que "fallou a prevención". "Con esta seca sen precedentes deberían estar despregados todos os efectivos", engade.