Nace unha plataforma en defensa das fragas do Eume. En Radiofusión.
Fálase
#FragasdoEume O candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, visita tamén a zona do incendio. Na Radio Galega di que "fallou a prevención". "Con esta seca sen precedentes deberían estar despregados todos os efectivos", engade.
Os bombeiros forestais do Ministerio de Agricultura, con sede en Laza e que traballan no lume das #Fragasdoeume, anuncian a chegada de reforzos
#FragasdoEume A Xunta asegura que "o lume das Fragas do Eume está técnicamente controlado". "Agora dependemos do vento", engade o Goberno galego
#FragasdoEume O presidente da Xunta fala na Radio Galega de "dano criminal intencionado" no incendio. A mesma circunstancia, di, que provocou o falecemento dun brigadista en Castrelo do Val.
#FragasdoEume O presidente da Deputación da Coruña asegura que xa non hai veciños desaloxados e que as lapas non afectaron ao mosteiro de Caaveiro. "Quedaron a cen metros", di Diego Calvo.
#FragasdoEume A caravana que leva o presidente da Xunta atravesa zonas arrasadas polo lume no parque natural (foto: @ivanpuentes)
A Xunta comunica oficialmente que o presidente está na zona. Primeira mención ás #FragasdoEume dende o inicio do incendio.
O presidente da Xunta segue o incendio dende A Capela. A Xunta non anunciou a súa presenza. (foto: @raulsalgado)
#FragasdoEume O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, visita a zona do incendio xunto a varios deputados socialistas e reúnese co alcalde da Capela. Acusa a Xunta de ter "baixo mínimos" os servizos de extinción.