#FragasdoEume A Xunta asegura que "o lume das Fragas do Eume está técnicamente controlado". "Agora dependemos do vento", engade o Goberno galego
Fálase
#FragasdoEume O presidente da Xunta fala na Radio Galega de "dano criminal intencionado" no incendio. A mesma circunstancia, di, que provocou o falecemento dun brigadista en Castrelo do Val.
#FragasdoEume O presidente da Deputación da Coruña asegura que xa non hai veciños desaloxados e que as lapas non afectaron ao mosteiro de Caaveiro. "Quedaron a cen metros", di Diego Calvo.
#FragasdoEume A caravana que leva o presidente da Xunta atravesa zonas arrasadas polo lume no parque natural (foto: @ivanpuentes)
A Xunta comunica oficialmente que o presidente está na zona. Primeira mención ás #FragasdoEume dende o inicio do incendio.
O presidente da Xunta segue o incendio dende A Capela. A Xunta non anunciou a súa presenza. (foto: @raulsalgado)
#FragasdoEume O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, visita a zona do incendio xunto a varios deputados socialistas e reúnese co alcalde da Capela. Acusa a Xunta de ter "baixo mínimos" os servizos de extinción.
#FragasdoEume A Xunta actualiza os datos sobre os medios presentes no incendio
#FragasdoEume A conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, di na Radio Galega que "non é unha cuestión de medios", senón "da sequía que temos e das condicións meteorolóxicas". Fala de 750 hectáreas queimadas.
#FragasdoEume Trece horas despois, volve a información da Xunta, que segue a obviar que o incendio se produce nas Fragas do Eume